O Cross Internacional de Itálica (Sevilla), a favor da educación infantil en África

A XXXI edición do Cross Internacional de Itálica, celebrado en xaneiro en Sevilla, conseguiu captar 4.000 euros para a iniciativa Escolas para África, a favor dunha educación universal de calidade para os nenos deste continente.

A carreira, organizada pola Deputación deSevilla, tivo lugar grazas ao compromiso dos 3.435 corredores inscritos, que participaron desinteresadamente na proba, e dos managers. Neste sentido, o Presidente da Deputación, Fernando Rodríguez, subliñou "a calidade humana duns deportistas que corren esta edición do Cross simplemente para contribuír, co seu testemuño e coa súa presenza, ao mantemento dunha proba que consideran de importancia no calendario do campo através español,". Do custo de cada inscrición, 3 euros destinaranse a Escolas para África. "É o xeito en que Itálica devolve a solidariedade e o altruísmo dos corredores africanos que participan", agregou Rodríguez. Nesta XXXI edición, os corredores quenianos volveron dominar tanto a proba feminina coma a masculina. Os dous gañadores, Jairus Birech e Mercy Cherono, protagonizaron unha xornada deportiva excepcional que tivo varios momentos emocionantes, como o recoñecemento que a Deputación dispensou a Emilio García, o primeiro invidente que corre o Cross e que completou o percorrido en 37:44 minutos. Na internacional masculina, o primeiro español foi Javier Guerra, en oitavo posto. Na feminina, DianaMartín e Alessandra Aguilar foron cuarta e quinta, respectivamente. Actualmente, uns 61 millóns de nenos non van á escola e as taxas máis baixas de escolarización corresponden a África subsahariana, onde só o 65% dos nenos e nenas en idade escolar ten acceso a educación. A iniciativa de UNICEF, a FundaciónNelson Mandela e a Sociedade de Hamburgo Escolas para África, brinda unha oportunidade a estes nenos de acceder a unha educación de calidade e soñar cun futuro mellor.