O Colexio Arenas Atlántico (Gran Canaria) renova o seu compromiso como Escola Amiga de UNICEF

O Colexio Arenas Atlántico renovou en outubro o compromiso alcanzado hai dous anos para difundir, colaborar e apoiar osprogramas de UNICEF. Este compromiso únese aos xa existentes co resto de Colexios Arenas. A firma celebrouse nas instalacións do centro educativo enArucas (Gran Canaria), coa asistencia do Director Xeral de Colexios Areas, Alberto Rodríguez; a Presidenta de UNICEF Comité Canarias, Nereida Castro; a Directora do centro en Arucas, Pino Afonso; e o Coordinador do Bacharelato Internacional, David Arvelo, acompañados dunha ampla representación de alumnos e profesores do Arenas Atlántico.

Alberto Rodríguez expresou a satisfacción dos Colexios Arenas por colaborar con UNICEF no desenvolvemento dunha pequena parte dos múltiples proxectos que ten a fundación en todo o mundo. "O noso granito de area neste inmenso labor de UNICEF está fundamentada nesta axuda e en educar en valores, contribuíndo a crear unha concienciación entre o noso alumnado de que é imprescindible ser solidarios co resto da sociedade," dixo. Unha Escola Amiga de UNICEF é aquela que favorece os valores dunha educación baseada nos dereitos dos nenos, que se compromete coa sensibilización da comunidade educativa e que se mobiliza para conseguir recursos económicos con destino aos programas de cooperación de UNICEF. Un dos eventos máis importantes do calendario dos Colexios Areas é a Carreira Solidaria, que o pasado xaneiro celebrou a súa quinta edición. Máis dun millar de alumnos captaron fondos destinados aos programas de Supervivencia Infantil de UNICEF en Níxer e a outros proxectos de ONGS coas que tamén contribúen.