O Colexio Antonio Machado de Zaragoza, Escola Amiga de UNICEF

O Colexio Antonio Machado comprometeuse a promover o traballo educativo, de sensibilización e a mobilización de recursos con toda a súa comunidade escolar (profesorado, alumnado e familias) co fin de contribuír á defensa dos dereitos da infancia.

Pilar Hernández, directora do colexio Antonio Machado e Esteban Sarasa, presidente de UNICEFComité Aragón, asinaron oacordo entre as dúas institucións.Segundo palabras da súa directora: "O noso único interese é o de proporcionar aos nosos fillos a mellor formación posible, baseada sobre todo na formación do alumno como persoa,". No convenio asinado comprométense a traballar os materiais de educación para o desenvolvemento de UNICEF e contribuír aos proxectos e programas deUNICEF.