Nenos en conflitos: novos casos de polio en Nixeria

Dous novos casos de polio no noroeste de Nixeria evidencian os riscos para os nenos en conflito e pon de manifesto a urxencia de erradicar a enfermidade en áreas afectadas por guerras e casos de violencia.
 
O goberno de Nixeria e a Organización Mundial da Saúde confirmaron un brote de poliovirus salvaxe no estado de Borno -afectado o conflito-, onde os nenos xa enfrontan altos niveis de risco de desnutrición. Ambos os casos foron descubertos en áreas de Borno nas que até hai pouco, non se podía acceder. 
 

Nenos en conflitos: a ameaza da polio  

O último caso recoñecido de polio en Nixeria ocorreu hai 2 anos, por iso, Reza Hossaini, o noso director para a erradicación da polio, asegura que "non podemos negar a conexión entre o conflito e a continua ameaza da enfermidade. Estes dous novos casos significan que os nenos na rexión do lago Chad enfróntanse agora a un risco particular". "Non nos deteremos ata vacinar a todos e cada un dos nenos contra a polio", engade.
 
O Ministerio Federal de Saúde de Nixeria, apoiado pola OMS, UNICEF e os aliados da Iniciativa Mundial para a Erradicación da Poliomielitis, estamos a levar a cabo unha campaña de inmunización de emerxencia, empezando polas zonas accesibles do estado de Borno.