'MY World', o mundo despois de 2015

A iniciativa de Nacións Unidas, MY World, púxose en marcha para que os cidadáns participen no debate global sobre a futura axenda de desenvolvemento para o período posterior a 2015, data designada para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).

MY World é unhaenquisa anónima. A única información persoal que se solicita aos participantes é o seu xénero, idade e país co único fin de analizar os datos. Os resultados serán presentados aos líderes mundiais e axudarán a definir cales son as seis cuestións que máis influencía exercen nas vidas das persoas a nivel global.A enquisa está actualmente dispoñible na web www.myworld2015.org nos seis idiomas oficiais de Nacións Unidas-inglés, español, francés, árabe, ruso e chinés-e pronto se ampliará a outros idiomas. Ademais, esta enquisa pode completarse tamén por teléfono (víaSMS e chamando a varios números de teléfono gratuítos) ou en papel, grazas ao apoio dunha extensa rede de organizacións de todo o mundo. Os resultados de MY World serán trasladados ao Grupo de Alto Nivel para a Axenda de Desenvolvemento Posterior a 2015, establecido polo Secretario Xeral, durante os encontros que terán lugar en Monrovia, Jakarta e Nova York. A intención é que as conclusións da enquisa global sexan estudadas polo Grupo antes da presentación da súa informe final ao Secretario Xeral da ONU. Esta iniciativa está coordinada polo Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, a Campaña do Milenio das Nacións Unidas, oOverseas Development Institute e a Fundación World Web, co apoio de socios colaboradores de todo o mundo.  

ODM Post 2015