Meliá renova a súa alianza con UNICEF pola protección infantil

Meliá Hotels International renovou o seu compromiso con UNICEF, unha alianza en favor da protección da infancia máis vulnerable.

Dende o inicio do acordo hai xa tres anos, a compañía conseguiu máis de 1,3 millóns de euros e a sensibilizar máis dun millón de clientes e empregados.

Os fondos conseguidos pola cadea hoteleira representan máis do dobre do obxectivo que se previra en 2010, que era de 600.000 euros. Así mesmo, a totalidade deempregados de Meliá, máis de 38.000 en todo o mundo, recibironformación sobre protección da infancia.

Un total de 220 hoteis en 22 países colaboraron na alianza mediante o chamado check-in solidario, iniciativa pola cal o cliente é invitado adoar 1 euro a UNICEFpola súa primeira noite de estanza no hotel.

Por outra parte, os empregados de Meliá participaron coa "nómina solidaria", pola que calquera traballador decide doar unha parte da súa retribución a UNICEF.

Para o período2014-2016, a alianza terá un foco especial narexión de Asia. E como novidades do renovado acordo, os fondos procedentes das "nóminas solidarias" destinaranse a financiar un estudo de impacto darealidade da infancia española, mentres que os do check-in solidario irán á loita contra aexplotación infantil nun país deLatinoamérica.

"O crecemento do turismo nos países en desenvolvemento debe ter en conta as necesidades dos nenos, e o compromiso de empresas líderes como Meliá, cunha forza tractora importante para o resto da industria, pode axudar moito a mellorar a súa vida e o seu futuro, así como a estender o exemplo", valorou a presidenta deUNICEF Comité Español, Consuelo Crespo.

Meliá Hotels International é uns dos principais aliados de UNICEF dentro do sector turístico español na loita pola protección da infancia. Dende 2003, o grupo apoiou proxectos de UNICEF a través de distintas campañas, difusión de emerxencias, etc.