As medidas contra a crise e os nenos

Un informe publicado pola Comisión Europea advirte dos efectos sobre as familias con nenos dalgunhas das medidas adoptadas en 2010 e 2011 en España e outros 5 países europeos.

UNICEF España fai un chamamento para que as medidas que se tomen contra a crise teñan en conta e protexan os nenos, xa que segundo un informe publicado pola Comisión Europea algunhas decisións adoptadas en 2010 e 2011 terán un maior impacto nos niveis de ingresos e de pobreza nas familias con nenos.Este informe demostra que existen ferramentas que permiten valorar con anterioridade á súa implementación o impacto das medidas nos nenos e tamén pon de manifesto que haidecisións que afectan en menor medida á infanciaou que, polo menos, protexen os nenos dos fogares máis pobres. Por esa razón, e co fin de protexer á infancia, UNICEF España considera que é imprescindible que ante as posibles medidas que se poidan tomar no futuro inmediato, e especialmente de cara á elaboración dos presupostos de 2013,se protexa ao grupo de idade máis vulnerable do noso país: a infancia. Como reflicte o informe publicado porUNICEF España en maio pasado, a pobreza infantil entre 2008 e 2010 aumentou un 10%.

 
O estudo publicado pola Comisión EuropeaEfectos distributivos das medidas de austeridade: comparativa de seis países da UE describe cales son os efectos potenciais dalgunhas medidas tomadas en 2010 e 2011 sobre a distribución da riqueza e en que grao poden afectar a distintos tipos de fogares: con nenos, con maiores de 65, e o total de fogares. Os países analizados son Irlanda, Grecia, Estonia, Reino Unido, Portugal e España.No caso de España as medidas de austeridade analizadas son basicamente: a suba do IRPF nos tramos de renda máis altos, os recortes e conxelación en axudas e prestacións monetarias, a conxelación das pensións e a suba do IVE (do 16 ao 18%). O estudo non considera medidas tomadas polas Comunidades Autónomas.UNICEF España recorda que é fundamental poñer en marcha medidas específicas de apoio ás familias e á infancia nos plans de acción previstos para os próximos meses, tal e como se comprometeu o goberno o pasado mes de xuño. Ao igual que o pleno do Congreso dos Deputados que, tamén en xuño pasado, aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei nesta mesma dirección.