Máster en Necesidades, Dereitos e Cooperación ao Desenvolvemento en Infancia

Xa está aberto o prazo de preinscrición para o XVIII Máster en Necesidades, Dereitos e Cooperación ao Desenvolvemento en Infancia. O Máster iniciarase en outubro deste ano e finalizará en setembro de 2015.

 

Organizado polo Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e Adolescencia (IUNDIA), permite obter un Título Propio da Universidade Autónoma de Madrid (UAM ). Este ano a formación ofrécese baixo dúas modalidades, semipresencial e e-learning, que facilita a participación de alumnos dentro e fóra de España.Dende os seus inicios UNICEFComité Español e a Universidade Autónoma de Madrid quixeron contribuír na formacióndos profesionais que dun modo ou outro van traballar por e coa infancia.A través da perspectiva das necesidades e os dereitos os alumnos van poder afondar en disciplinas como apsicoloxía, o dereito ou acooperación ao desenvolvemento.Todo iso da man de docentes de distintas universidades, e de organismos como a Dirección Xeral de Política Social, Familia e Infancia do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; o Instituto Madrileño do Menor e a Familia da Consellaría de Familia e Asuntos Sociais da Comunidade Autónoma de Madrid; a Axencia para a Reeducación e Reinserción do Menor Infractor da CAM (ARRMI) e a Plataforma de Organizacións de Infancia (POI).Pica aquí para máis información e inscricións.