Máis de 600 persoas corren pola infancia en Noja (Cantabria)

Máis de 600 corredores participaron o pasado 12 de agosto na segunda edición da carreira solidaria organizada por UNICEF e o Concello de Noja (Cantabria), coa colaboración da Policía Local, Protección Civil e voluntarios.  

O obxectivo desta carreira era dobre: por un lado, sensibilizar a poboación sobre a situación dainfancia no mundo e, por outro, captar fondos para os programas de UNICEF en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento. En total, conseguíronse máis de 1.500 euros. No inicio desta segunda edición estiveron presentes oAlcalde de Noja,Jesús Díaz e o Presidente deUNICEF Comité Cantabria,Fernando Jimeno. O deporte é para UNICEF un valioso instrumento de educación en valores e para a paz, xa que fomenta o traballo en equipo, a solidariedade e o respecto. Nos países en desenvolvemento, onde os nenos sofren pobreza, enfermidades ou conflitos armados, o deporte estimula a súa reinserción escolar e constitúe unha excelente ferramenta de axuda para a súa axeitada evolución física e emocional. Entidades e recoñecidos deportistas colaboran con UNICEF para chamar a atención sobre os problemas da infancia e mobilizar recursos destinados a garantir os dereitos  de todos os nenos.