Líbano: UNICEF protexe os nenos sirios refuxiados

"Cando destruíron a miña escola, tamén destruíron o meu sono de ser médico", di Asu, de 11 anos. Está sentado no patio da escola Wadi Annakhle( aos arredores de Trípoli, que está a albergar refuxiados sirios. "Había disparos e bombardeos constantes onde viviamos en Sirya, mesmo destruíron a mesquita. Foi terrible, moitos nenos quedaron sen casa e sen nada que comer".

Asu é un dos miles de nenos que fuxiu do conflito en Sirya. Chegou xunto á súa familia de Aleppo hai catro meses. "Cando viñemos aquí non tiñamos nada, nin sequera tiñamos o suficiente para comer", afirma. "O meu irmán e eu queriamos encontrar unha escola para continuar a nosa educación e facer realidade os nosos sonos, pero ao principio foi difícil e quedamos na casa". Coa situación deteriorándose en Sirya, cada vez máis nenos están a chegar a Líbano. O impacto psicolóxico da violencia nos nenos foi moi grande, tal e como demostran os informes procedentes de viaxes a terreo desenvolvidas por UNICEF e os seus aliados. Ao estrés únese a situación de inestabilidade en Líbano e o temor de que o conflito chegue ao país no que se refuxiaron. Asu recorda o medo que sentiu hai un mes, cando a loita estalou en trípoli. "Escoitei disparos fóra da nosa casa", di. "Sentinme moi asustado, xa que me recordou a Sirya".  

Volver á normalidade a través de Espazos Amigos da Infancia

UNICEF apoia a creación de EspazosAmigos da Infancia, como o da escola Wadi Annakhle, que teñen como obxectivo que os nenos se sintan seguros, reciban apoio psicolóxico e poidan relacionarse con outros nenos.O Especialista en Protección Infantil e Violencia de Xénero deUNICEF en Líbano, Merrin Waterhouse, describe resultados moi positivos: "Nos Espazos Amigos da Infancia os nenos poden xogar, facer novos amigos e falar do que lles está a pasar. Isto axúdalles a sentirse ben coa súa vida e a sentirse seguros". Unha parte importante das actividades consiste en integrar os nenos sirios cos seus compañeiros libaneses e a comunidade na que están a vivir. Co ano escolar achegándose, a integración é un paso importante para animar os nenos sirios a que se inscriban na escola.Rania, de 9 anos é de Homs. Chegou a Líbano coa súa familia hai 5 meses: Gústame estar aquí, que podo ir á escola e fixen novos amigos", di. "Encántame Sirya, e espero poder volver un día. Gústame tamén debuxar, quero ser profesora de debuxo".Asu tamén fixo amigos e quere volver á escola pronto para lograr o seu sono de converterse en médico. "Espero poder ir a esta escola, xa que coñezo os profesores e os nenos. Aínda quero ser medico e axudar ás persoas pobres no meu país".