José Manuel Calderón presenta a campaña Doa1dia en Extremadura

José Manuel Calderón presenta a campaña Doa1dia en Extremadura

José Manuel Calderón, Amigo de UNICEF Comité Extremadura e base da Selección Española de Baloncesto e dos Toronto Raptors, apoiou a difusión da campaña Doa1dia e renovou o seu compromiso a favor da infancia.

Esta campaña ten como obxectivo concienciar á sociedade española sobre as terribles consecuencias da desnutrición infantil, que se relaciona con máis de 2,5 millóns de mortes anuais no mundo. Na súa traxectoria como Amigo de UNICEF, José Manuel Calderón colaborou noutras iniciativas solidarias. En agosto, puxo en marcha a iniciativa RETO África, conseguiu  recadar 18.175,4 euros e sumar apoios para o traballo de UNICEF no Corno de África. Durante o acto de presentación da campaña en Extremadura, Calderón chamou a atención sobre a existencia no século XXI de situacións de fame e sobre a importancia de que a sociedade tome conciencia de que é posible acabar coa desnutrición infantil.