Iraq: ante a crise UNICEF pon en marcha unha campaña de vacinación masiva

UNICEF e as autoridades do Goberno Rexional do Kurdistán (KRG) acordaron medidas urxentes para previr a propagación da poliomielite e outras enfermidades entre a gran cantidade de nenos e nenas desprazados pola violencia continua na rexión curda de Iraq.

Esta crise vese agravada pola reaparición da poliomielite en Iraq, que rexistrou o seu novo primeiro caso este ano, catorce anos despois da cal o país eliminase a poliomielite mediante campañas de inmunización masiva. A debilitada inmunización de rutina e a incapacidade para chegar aos nenos con servizos de inmunización nas zonas de conflito e nas poboacións desprazadas, fai que Iraq e a rexión sexan extremadamente vulnerables a un gran brote de poliomielite.

Campaña contra a poliomielite

O Ministerio de Saúde do KRG e UNICEF Iraq acordaron incluír na campaña de inmunización as poboacións de acollida, campamentos de desprazados e cruces fronteirizos. UNICEF dará apoio ao Ministerio con vacinas e tamén coa experiencia técnica en mobilización social e comunicación externa. O Ministerio acordou poñer en marcha unha campaña de posta ao día contra a poliomielite dirixida a máis de 700.000 nenos e nenas menores de cinco anos. Esta será a primeira vez que Iraq organiza unha campaña masiva de saúde pública durante o Ramadán.