Inundacións en Malawi: nenos ameazados por enfermidades e abusos

As novas cifras da ONU mostran que as persoas afectadas e desprazadas polas inundacións en Malawi son o dobre das que se calculara.

"Con estes novas cifras, e priorizando os distritos máis gravemente afectados, temos que asegurarnos de que todos os nenos e as súas familias teñan acceso aos servizos e subministracións de emerxencia, explica Mahimbo Mdoe, representante de UNICEF en Malawi.

"Estamos a observar coidadosamente como os nenos desprazados se ven afectados pola situación. Despois dun mes refuxiados en campamentos atestados, poden darse brotes de enfermidades e poden aumentar os niveis de desnutrición", engade Mdoe.


As cifras revelan que, finalmente, foron 336.000 as persoas desprazadas polas inundacións (fronte ás 174.000 que se calcularan) e máis dun millón as persoas afectadas (fronte a 638.000). 276 persoas están mortas ou desaparecidas, e calcúlase que máis de 645 persoas resultaron feridas.

As chuvias non aumentan en Malawi, así que moitas das persoas desprazadas en campamentos e centros de evacuación seguen sen non poder regresar aos seus fogares para comezar a reconstruír as súas vidas.

Inundacións en Malawi: crecen as preocupacións sanitarias

Dende UNICEF centramos os nosos esforzos na prevención, control e tratamento de enfermidades e infeccións como a cólera, a disentería, a malaria e a desnutrición. Ata o momento 56.000 mulleres e nenos tiveron acceso a servizos de saúde esenciais dentro dos campamentos e clínicas gobernamentais apoiados por UNICEF. Os traballos de detención de desnutrición e de vixilancia do crecemento tamén se intensificaron, e ata a data ingresaron un total de 287 nenos con desnutrición aguda para o tratamento.

Co apoio de aliados, dende UNICEF lideramos o esforzo para proporcionar suficiente saneamento e instalacións de auga potable. Ata o momento, 38.721 persoas nos campamentos teñen acceso a latrinas e 27.674 poden acceder a auga potable.

"UNICEF está a traballar estreitamente co goberno e as ONG para instalar suficientes instalacións de auga e saneamento para manter afastadas as enfermidades transmitidas pola auga, críticas para a supervivencia dos nenos máis pequenos," explica Mdoe de UNICEF.

Inundacións en Malawi: nenos vulnerables de CAER NA TRATA

Os nenos, en campamentos atestados, especialmente aqueles que foron separados dos seus pais ou que perderon familiares, son vulnerables aos abusos, incluída a violencia e a trata.

Dende UNICEF apoiamos o despregamento de máis axentes de benestar social nas zonas afectadas, que garantan a protección necesaria para os nenos e para que reporten os casos de violencia e abuso que se poidan dar.

Inundacións en Malawi: 300.000 nenos sen colexio

As inundacións interromperon a educación de 300.000 estudantes, xa que a maioría de escolas se ocuparon para aloxar miles de familias desprazadas. Dende UNICEF traballamos para que os nenos nos campamentos e nas comunidades de acollida poidan continuar a súa educación. Proporcionamos tendas de campaña e material escolar para establecer espazos temporais de aprendizaxe durante o día, e aloxamento para as familias durante a noite.