Inundacións en Malawi: 90 toneladas de subministracións para os damnificados

UNICEF envía esta semana 90 toneladas de subministracións de axuda para os damnificados polas inundacións en Malawi, mentres as fortes chuvias continúan caendo neste país do sueste de África.

 

Este primeiro envío aéreo inclúe medicamentosesenciais, tendas de campaña e lonas,alimento terapéutico e leite para tratar a desnutrición, kits de hixiene ekits educativos e lúdicos para contribuír árecuperación psicosocial dosnenos.

UNICEF está a traballar sobre o terreo, a través dos seus equipos en Blantyre e Zomba, para desenvolver accións que salvan vidas nos distritos máis afectados (NsanjeChikwawa e Phalombe), en torno á conca do río Shire.

Co foco posto nos máis necesitados, que nestes momentos son os nenos e as mulleres desprazadasUNICEF e os seus aliados, incluíndo o Goberno de Malawi, van subministrar auga potable esaneamento, vixiar o estado nutricional dos nenos -tratando os casos graves- e distribuír medicamentosesenciais.

"Despois de examinar os distritos inundados dende o aire, sabemos que a magnitude das inundacións é inmensa, e como as chuvias seguen caendo, é pouco probable que a auga retroceda rapidamente", advertiu o representante de UNICEF en Malawi, Mahimbo Mdoe.
 

INUNDACIóNS EN MALAWI: chuvias ata marzo

Polo menos 200 persoas morreron e unhas120.000 resultaron desprazadas en Malauiano debido ás chuvias inusualmente intensas que están a caer esta tempada. Algunhas persoas encóntranse aínda atrapadas en zonas rodeadas pola auga, á espera de ser rescatadas por auga ou aire polo Exército de Malawi.

As comunidades desprazadas están a ser aloxadas enescolas ou campamentos creados para a ocasión, onde apenas teñen acceso a un refuxio decente e instalacións de saneamento axeitadas. Espérase que as chuviascontinúen ata marzo.

"A auga estancada e un saneamento deficiente poden ser mortais para os nenos pequenos, polo que nos encontramos nunha carreira contra o tempo para chegar ás comunidades desprazadas con auga potable, saneamento e subministracións médicas", sentenciou Mdoe.