ING adhírese ao Pacto de Estado pola Infancia promovido por UNICEF España

ING asinou o Pacto de Estado pola Infancia impulsado por UNICEF Comité Español. O banco convértese así na primeira entidade financeira que se adhire a esta iniciativa destinada a facer un chamamento ao conxunto da sociedade española, para avanzar na aplicación dos dereitos do neno e loitar contra a pobreza infantil e pola igualdade de oportunidades de todos os nenos do noso país.

Dende que se aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, houbo moitos avances, pero aínda hai grandes retos. En España, un 27,5% dos nenos vive en risco de pobreza, a taxa de fracaso e abandono escolar sitúase por enriba do 23%, e soamente un 1,4% do PIB destínase a políticas de protección social da infancia. Por iso, é importante promover accións que protexan o presente dos nenos españois, xa que eles son o futuro da nosa sociedade.

O acto, que tivo lugar na sede de UNICEF Comité Español en Madrid, contou coa presenza de Peter StaalCEO de ING Bank Spain & Portugal, e Carmelo Angulo, Presidente de UNICEF Comité Español. Peter Staal explicou que "dende ING apoiamos o labor de UNICEF a nivel mundial pero coa firma do Pacto de Estado estamos especialmente contentos de poder contribuír a protexer os dereitos da infancia tamén en España".