India: éxito na loita contra a poliomielite

India cumpriu un ano libre da polio. O último caso que se rexistrou foi o dunha nena de 2 anos do estado de Bengala occidental, que contraeu o virus o 13 de xaneiro de 2011.

O traballo no país para a erradicación do virus foi impresionante. Cada ano máis de 170 millóns de nenos menores de 5 anos son vacinados en dúas grandes campañas nacionais e, nas zonas de maior risco, ata 70 millóns de nenos foron vacinados varias veces en campañas especiais. Todo o esforzo require preto de 1.000 millóns de dose de vacina oral contra a polio cada ano.

“Podemos erradicar a Poliomielite” 

Segundo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, a clave deste progreso foi o liderado do goberno de India e dos gobernos estatais, que puxeron en marcha un amplo programa de erradicación da poliomielite que permitiu unha inmunización en estados como Uttar Pradesh e Bihar, con altos índices de pobreza, falta de infraestruturas e saneamento. "O logro de India é unha proba positiva de que podemos erradicar a poliomielite, mesmo nos ámbitos máis difíciles; de feito, soamente centrándonos nestas zonas poderemos derrotar a esta sinistra enfermidade" dixo Lake. "Temos a capacidade de protexer a todas as persoas, especialmente os nenos, desta enfermidade totalmente prevenible; e porque podemos, temos que rematar o traballo de erradicación da poliomielite a nivel mundial dunha vez por todas". Ao igual que outros países que detiveron a transmisión do poliovirus, India debe seguir protexendo os nenos por medio de actividades de inmunización.

Fernando Alonso contra a Polio en India

[[nid:47379; margin: 10px; float: right; stylename: image-news-wo-copy; styleName:image-news-wo-copy]]O Embaixador de UNICEF España, Fernando Alonso, colaborou coa campaña de erradicación da polio na visita que realizou en outubro de 2011 ao hospital Chacha Nehru Bal Chikitsalaya no leste de cidade de Delhi. "A polio é unha enfermidade terrible, de consecuencias catastróficas para os nenos, podemos e debemos erradicala do planeta", afirmou o bicampeón do mundo de Fórmula 1, piloto de Ferrari. "Todos os nenos teñen dereito a correr, xogar e vivir unha vida sa sen poliomielite" afirmou. Alonso entregou regalos aos nenos en varias salas do hospital, incluíndo a sala de fisioterapia do Centro de Desenvolvemento Infantil e vacinou cinco deles coa vacina oral contra a polio. Estou orgulloso de estar aquí a vacinar nenos contra a poliomielite" dixo, "É fundamental que todos os nenos da India sigan sendo vacinados, ata que esta enfermidade fose erradicada en todo o mundo. Todos esperamos que aconteza pronto".  

a Iniciativa global para a Erradicación da Polio

A Iniciativa Global para a Erradicación da Polio (GEI nas súas siglas en inglés) traballa para asegurar que ningún neno sufra os efectos desta terrible enfermidade. Trátase dunha iniciativa que se iniciou en 1988 e que conseguiu reducir a incidencia da polio nun 99%. O número de países endémicos desta enfermidade reducíronse de 125 a 4 (Afganistán, India, Nixeria e Paquistán) Esta iniciativa está financiada por gobernos nacionais, a OMS, Rotary Internancional, UNICEF, o Centro de control e prevención de enfermidades dos Estados Unidos e a Fundación de Bill e Melinda Gates.

La Iniciativa global para la Erradicación de la Polio

La Iniciativa Global para la Erradicación de la Polio (GEI en sus siglas en inglés) trabaja para asegurar que ningún niño sufra los efectos de esta terrible enfermedad. Se trata de una iniciativa que se inició en 1988 y que ha conseguido reducir la incidencia de la polio en un 99%. El número de países endémicos de esta enfermedad se han reducido de 125 a 4 (Afganistán, India, Nigeria y Pakistán)
 
Esta iniciativa está financiada por gobiernos nacionales, la OMS, Rotary Internancional, UNICEF, el Centro de control y prevención de enfermedades de los Estados Unidos y la Fundación de Bill y Melinda Gates.