Gaza e Israel: ningún lugar é seguro para os nenos na Franxa de Gaza

A morte de catro nenos palestinos - todos dunha mesma familia - e as feridas sufridas por outros dous nenos mentres xogaban nunha praia na cidade de Gaza é un claro recordatorio de que xa ningún lugar é seguro para os nenos na Franxa de Gaza.

Hai uns días encontráronse uns mísiles escondidos nunha escola de UNRWA en Gaza, facendo caso omiso á neutralidade das escolas.

En Gaza morreron polo menos 48 nenos dende o comezo da violencia hai dez días. En media, catro nenos de Gaza son asasinados cada día.

Gaza e Israel: catro nenos de Gaza son asasinados cada día

É indignante que os nenos de Gaza continúen pagando un prezo tan alto nun conflito do que non son responsables.

Os nenos de ambos os dous bandos do conflito deben ser protexidos desta violencia sen sentido. Os que están en posición de mando teñen a obriga de manter os nenos fóra da liña de lume.

UNICEF acolleu positivamente a breve pausa humanitaria que tivo lugar onte e reitera o chamamento feito polo director executivo de UNICEF exhorta ambas as dúas partes a no que exercer a máxima moderación e evitar máis vítimas infantís.