Fundación Cajamurcia renova o seu compromiso pola infancia máis vulnerable

A Fundación Cajamurcia renovou o seu compromiso con UNICEF e o seu traballo en favor dos dereitos da infancia.

A caixa de aforros, a través da súa Fundación, leva colaborando ininterrompidamente con UNICEF dende hai case unha década, mediante o apoio aos seus programas de cooperación e emerxencias en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento.

O 28 de maio, nunha acto celebrado no Centro Cultural Las Claras, sede da Fundación Cajamurcia, ambas as dúas organizacións ampliaron o seu acordo de colaboración nun acto ao que asistiron o presidente de UNICEF Comité Murcia, Francisco Artés, e o xerente da Fundación Cajamurcia, Pascual Martínez.

Despois da firma do acordo, polo que a Fundación Cajamurcia doou 5.000 euros a UNICEF, Francisco Artés entregou a Pascual Martínez os últimos informes de UNICEF relacionados coa loita pola supervivencia infantil, a batalla global contra a desnutrición infantil e a política de UNICEF sobre vacinación.