As familias en Malí loitan por alimentarse

É a hora da cea no pobo pesqueiro de Tako, Malí, e Mariam Dianapo ten só un prato de arroz para dar de comer os seus fillos: "Estou a ter moitas dificultades para alimentar a miña familia este ano. Vivimos da pesca, pero hai pouca auga e case non quedan peixes no río. Os celeiros tamén están baleiros", dixo.

Hai millóns de familias en todo o Sahel na mesma situación desesperada. Só chove unha vez ao ano na rexión, e o ano pasado non choveu. Os campos convertéronse en po, as fontes de auga secáronse, e o gando e a subministración de peixe diminuíron. Ademais, o prezo do arroz nos mercados aumentou dramaticamente.  

3 millóns de persoas en risco en Malí

3 millóns de persoas en Malí sofren inseguridade alimentaria .Calcúlase que 175.000 nenos están en risco de desnutrición grave - e no peor dos casos este número podería chegar a 220.000. Aumenta cada día o número de nais que levan os seus fillos aos centros de saúde para tratarlles de desnutrición. O persoal do centro está preocupado de non poder facer fronte ao aumento dos casos na denominada "tempada de carestía". "Hai moitos pobos nesta situación e iso asústame. Non estamos aínda na tempada de sementeira, por non falar da tempada de colleita, o que significa que nos queda máis de 6 meses de espera e que a xente está a sufrir. E que pasa se non hai chuvia para sementar ou recoller?, afirmou o enfermeiro xefe, Isaka Traoré.

O conflicto no  norte de Malí agrava a situación

A situación enMalí complícase aínda máis como consecuencia do conflito no norte. Calcúlase que hai máis de200.000 desprazados por esta situación.UNICEF estivo a traballar cos aliados na rexión durante meses para mitigar os efectos da crise. Ademais de comida, UNICEF está a entregar subministracións médicas e está a traballar para garantir saúde, auga e servizos de hixiene e saneamento para os nenos. 

#SahelNOW

Nacións Unidas calcula que máis de 1 millón de nenos no Sahel están en risco mortal por desnutrición grave. UNICEF lanzou unha campaña internacional de sensibilización e recadación de fondos, baixo o lema Da a alarma. Un millón de nenos en risco. O obxectivo é evitar unha segunda catástrofe como a vivida o pasado verán no Corno de África.