Etiopía: fortalecer a comunidade para loitar contra a desnutrición

Shilime Erbo, unha nai solteira con dous fillos, encóntrase fronte á súa casa na aldea de Korre Rogicha, en Etiopía. A súa filla de 18 meses de idade recupérase de desnutrición aguda grave grazas aos traballadores de saúde comunitarios.

"O ano pasado non houbo colleita", dixo. "Sementamos de novo este ano, pero as plantas están murchas e non sabemos cando van madurar". A economía agrícola de Korre Rogichabaséase en dúas tempadas anuais de chuvias. As grandes chuviaskiremt caen normalmente de xuño a setembro e producen a colleita principal. As chuvias pequenas belg, de febreiro a abril ou maio, dan unha colleita máis pequena que axuda aos agricultores a afrontar a tempada de carestía.Erbo trata de complementar os ingresos da familia traballando como xornaleira, pero o traballo é escaso. Como consecuencia, os seus fillos foron perdendo peso. A súa filla de 18 meses de idade, Shegitu Tule, recupérase de desnutrición aguda grave. "Cando a vin tan mal, non sabía que facer. Pensei que ía morrer", afirmou Erbo.

Alimentación terapéutica para os nenos con desnutrición

Cando Shegitu chegou ao posto de saúde da aldea, os traballadores da saúde proporcionáronlle alimentación terapéutica lista para usar.Bati Julati é unha dastraballadoras da saúde no posto de saúde deKorre Rogicha. Forma parte dos34.000 traballadores que están contratados nos15.000 postos de saúde das aldeas en todo o país para ofrecer un conxunto integrado de servizos de saúde, nutrición, saneamento e hixiene."Shegitu estaba moi enferma cando veu", expuxo Julati. A nena foi sometida a un réxime de alimentos terapéuticos listos para usar. Unha semana máis tarde, a nena mellorara moito.  

aumentar a capacidade de resistencia das comunidades 

Julati dixo que, antes do inicio do programa dealimentación terapéutica ambulatoria, un gran número de nenos morría de desnutrición. En cambio hoxe, os nenos logran sobrevivir. "Aquí empezamos a proporcionar alimentos terapéuticos listos para usar en 2009", dixo. "Antes diso, as familias tiñan que camiñar ata o centro de saúde de  Fajee []Gole, a dos horas de distancia a pé. Morreron moitos nenos, pero despois da creación do posto de saúde, houbo un gran cambio".  

Todo isto forma parte dunha estratexia para aumentar a capacidade de resistencia das comunidades rurais, que representan máis do 80% da poboación etíope. Outro aspecto crucial na estratexia de prevención son asmulleres voluntarias seleccionadas pola comunidadepara vixiar a saúde das familias veciñas, para o cal recibiron formación.  

"No pasado, os nenos estaban en moi mal estado", sinalou Julati. "Pero agora produciuse unha gran mellora. E a razón é que cada semana reciben alimentos terapéuticos listos para usar. Nos últimos catro anos salvouse unha gran cantidade de vidas infantís". Os traballadores da saúde tamén ofrecen un conxunto integrado de servizos que inclúen a vacinación contra enfermidades como o sarampelo e a pneumonía; amonitorización do crecemento para nenos menores de 2 anos; e a administración de suplementos de vitaminaA e de pastillas antiparasitarias. Así mesmo, promoven o lavado de mans con xabón e a lactación materna exclusiva durante os primeiros seis meses de vida.Non obstante, coa ameaza dunha nova seca, onúmero de nenos con desnutrición moderada enKorre Rogicha vai en aumento. "Témome que haberá casos de desnutrición máis graves", comentouJulati.

Os traballadores de saúde, xunto cos programas do goberno e os aliados, traballan para evitar que isto suceda. O número de centros que prestan servizos terapéuticos ambulatorios aumentou de 500 en 2008 a máis de 10.000 na actualidade. Este aumento da capacidade, xunto co Programa da Rede de Seguridade Produtiva -un programa gobernamental de alimentos ou de diñeiro en efectivo a cambio de traballo para os distritos que padecen inseguridade alimentaria- asegura que as comunidades vulnerables sexan capaces de xestionar as situacións adversas.