As escolas ofrecen esperanza para os nenos sirios refuxiados en Xordania

Hanin, de 11 anos, arranxa con orgullo o seu traballo artístico na sala de estar. Os seus debuxos de flores de cores brillantes reflicten tempos máis felices.
Gústame debuxar cousas que sucederon en Sirya porque así podo expresar todo o que teño no meu corazón" di. Gústame porque me recordan a miña casa.

o acceso á educación 
Hanin e a súa familia saíron da súa casa na cidade sureña de Deraa,Sirya, hai 14 meses. Remataron nun apartamento na buliciosa cidade de Irbid, en Xordania, ao sur da fronteira con Sirya.

Seguir estudando é a clave para o futuro de nenos como Hanin. O Ministerio de Educación, co apoio deUNICEF e o financiamento da Unión Europea e Alemaña, está a proporcionar educación gratuíta.

Nas zonas onde se concentran as familias sirias, as escolas xordanas teñen dobre quenda para dar cabida á gran cantidade de nenos sirios. UNICEF brinda apoio á escolarización de máis de 31.000 nenos sirios nas comunidades de acollida, aínda que o número de nenos en idade escolar é de 100.000.

"Os nenos sirios teñen, como calquera outro neno no mundo, o dereito á educación", di a Representante de UNICEF en Xordania,Michele Servadei. "Sufriron trastornos profundos. Para moitos deles, estar de volta na escola é un signo de esperanza".

O pai de Hanin, AmarAbazeed, fai fincapé na importancia que continuar a escola ten para a súa filla e os seus tres fillos. "O máis importante é que eles rematen a súa educación", di. "Algúns dos nenos levan fóra da escola un ano ou dous. Se continúan sen recibir educación, a nova xeración será analfabeta".
 
 
 
os voluntarios chegan as comunidades sirias
Para as familias sirias que viviron situacións de conflito e desprazamento, chegar a unha cidade estranxeira pode resultar unha experiencia abafadora. Un dos desafíos é informarse sobre os servizos que teñen ao seu alcance.

Unha rede de voluntarios creada por Savethe Children de Xordania, en colaboración conUNICEF, viaxa de porta a porta polas cidades de todo o país para chegar ás familias sirias e axudar a matricular os nenos na escola. Tamén transmiten información sobre saúde, protección dos nenos refuxiados e outros servizos.
Raweeya Al Masaeed, unha das voluntarias, está motivada polo apoio que ela e os demais voluntarios foron capaces de proporcionar. "Cando conectamos ás familias coa escola", di, "só ver os resultados e a súa utilidade anímame a vir ao día seguinte e facer o meu traballo".

Os voluntarios inclúen tanto xordanos como sirios, que a miúdo ofrecen información interna sobre os lugares onde se encontran as familias. Nun mes, os voluntarios rexistraron con éxito 1.000 nenos nas escolas deIrbid.
 
Ampliar a cobertura depende dos fondos

Nas comunidades urbanas de Xordania,moitos nenos sirios seguen buscando un lugar nun sistema educativo saturado, e cada día chegan máis. Pero proporcionar espazo, mestres, libros e instalacións é unha tarefa custosa.


"O financiamento, para nós, é un gran problema", di o Sr. Servadei. "A educación é cara, o goberno xa está sobrecargado, polo que UNICEF está a financiar os nenos e nenas sirios nas escolas públicas.


"O problema radica en recibir os fondos a tempo para ampliar a operación", engade.


Na súa escola temporal,Hanin pode aínda centrarse polo menos no seu sono e no futuro. "Cando sexa grande, quero ser artista, xa que é o meu pasatempo favorito", di.


"Cando regrese a Sirya, espero volver ver os meus amigos, a miña escola, a miña casa e que todo se encontre como o deixei".