A escalada da violencia na Franxa de Gaza e en Israel ameaza con producir danos desvastadores para os nenos

A escalada da violencia en Gaza e en Israel ameaza con producir danos desvastadores para os nenos.

UNICEF pide a ambas as dúas partes no conflito que se actúe con moderación para protexer a todos os nenos.

Xa durante os últimos tres días se informou de que polo menos 19 nenos palestinos morreron nos ataques aéreos sobre Gaza e moitos máis resultaron feridos.

A cidade de Gaza encóntrase baixo un bloqueo, o que dificulta a fuxida dos civís. En Israel, os ataques con foguetes dende Gaza ameazan tamén as vidas dos nenos israelís.

19 nenos palestinos morreron

Tanto os ataques aéreos coma os ataques con foguetes aumentan o risco para os nenos e expóñenos a danos físicos e trastornos mentais; moitos experimentaron xa casos de violencia e destrución durante as escaladas anteriores.

UNICEF reitera o chamamento do Secretario Xeral das Nacións Unidas ás partes para que exerzan a máxima moderación, e recórdalles que teñen a obriga xurídica e moral de protexer os nenos contra todo tipo de perigo.