Ébola en África: novos casos en Liberia

Despois de máis de 3 meses sen ningún caso de ébola en Liberia, chégannos malas noticias dende este país, onde se detectaron novos casos desta terrible enfermidade que xa deixado máis de 11.000 vítimas mortais en África occidental.

En UNICEF puxémonos rapidamente a traballar para frear un posible avance do virus. Estamos a distribuír subministracións de emerxencia para o control da enfermidade nas comunidades onde se detectaron os casos.

Nesta ocasión, o primeiro novo caso detectouse no condado de Margibi, onde o corpo dun neno deu positivo polo virus o pasado 29 de xuño. Para minimizar o risco de máis contaxios e protexer os afectados, estamos a levar a cabo campañas de sensibilización porta a porta sobre a prevención do ébola.

ÉBOLA: "Sempre houbo risco de que o ébola volvera a Liberia"

"Sempre houbo risco de que o ébola volvese a Liberia. Agora debemos facer todo o posible para volver a cero casos", dixo Sheldon Yett, representante de UNICEF en Liberia. "A rapidez en responder a estes casos demostra que ninguén baixou a garda".

Nos próximos días a escola á que ía a vítima será descontaminar, instalaranse novos postos de hixiene e distribuirase xabóncloro.También estamos a traballar co goberno para garantir medidas como que se tome a temperatura aos estudantes cando cheguen.

Afortunadamente, dende UNICEF
, xunto coas autoridades locais, conseguimos manter os postos de lavado de mans que proporcionamos aos colexios de Liberia cando reabriron as súas portas en febreiro, tras seis meses pechados.

ébola: o papel das comunidades, clave na loita contra o virus

"Liberia non tería sido declarada libre de ébola en maio sen o coñecemento e iniciativa das comunidades", dixo Yett. "Esas comunidades están outra vez á fronte de novos esforzos para garantir que non se dan novos casos da enfermidade aquí".

Nos veciños Guinea e Serra Leoa séguese informando de novos contaxios, aínda que en menor número que no auxe do brote. Na última semana de xuño rexistráronse 12 novos casos de ébola en Guinea e 8 en Serra Leoa.

Por este motivo, a loita contra o ébola non pode parar ata que todos os países afectados sexan declarados libres de ébola. Se podes, colabora, porque a túa
axuda pode contribuír a que, entre todos, o logremos canto antes.