Día Mundial do Refuxiado: na fuxida e en risco

No medio da violencia que azouta Sirya e outros países da rexión, un número sen precedentes de nenos desprazados busca refuxio en Europa. Fan fronte a graves riscos, tanto polo perigo que supón cruzar o Mediterráneo coma pola incerteza que lles espera nos países de acollida.

Témese, ademais, unha maior afluencia de nenos refuxiados debido a que o bo tempo aumenta o número de persoas que se embarcan nesta viaxe desesperada.

Máis vulnerables a os abusos

Os nenos refuxiados, moitos dos cales non van acompañados, son a miúdo detidos en condicións inseguras e non axeitadas. Tamén son máis vulnerables aos abusos, a explotación e outras violacións dos seus dereitos. Por causas alleas a eles, estes nenos xa viviron un trauma difícil de soportar para a maioría da xente. Cando buscan un refuxio seguro, deben recibir exactamente iso.

Todos os nenos teñen dereito ás proteccións establecidas na Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno; poucos o necesitan tanto como os nenos refuxiados. No Día Mundial do Refuxiado, UNICEF fai un chamamento aos gobernos para proporcionar aos nenos refuxiados o mesmo coidado, servizos, dignidade e protección que ao resto dos nenos.