Día da Poliomielite: as campañas de vacinación evitaron a minusvalidez a 10 millóns de nenos

Como recordamos na campaña contra a mortalidade infantil Agora non podemos parar, algo tan sinxelo como unha vacina pode marcar unha gran diferenza nas vidas de miles de nenos.

Ao redor de 1.000 nenos ao día foron protexidos contra a polio grazas ao esforzo mundial ao longo de 26 anos para erradicar esta enfermidade.

A través da vacinación, esta iniciativa mundial evitou a minusvalidez de millóns de nenos de todo o mundo que antes non recibían a vacina.

O número anual de casos de polio reduciuse de 350.000 en 1988 a 416 en 2013, e a 243 no que vai deste 2014, un descenso extraordinario de máis dun 99%. Todos os países onde a polio estaba firmemente atrincheirada, agás tres deles -Afganistán, Nixeria e Paquistán- eliminaron o virus dentro das súas fronteiras. Tamén se contiveron múltiples brotes nos últimos 26 anos.

En Nixeria rexistráronse só 6 casos este ano, fronte a 49 en 2013. Afganistán reduciu a transmisión a niveis moi baixos, e a maioría dos casos están vinculados a Paquistán. Con 206 casos rexistrados xa este ano, Paquistán é agora o maior reservorio de polio do mundo.

Aínda que a polio é endémica en só tres países, segue representando un risco para todos os nenos do mundo, especialmente naqueles países que non consideran a inmunización sistemática como unha prioridade, como Sudán do Sur, a República Centroafricana e Ucraína. Os brotes de Sirya, Iraq, Camerún, Guinea Ecuatorial e Somalia están vinculados a Paquistán e Nixeria.

Grazas aos seus socios, doadores e aliados, UNICEF adquire todos os anos 1.700 millóns de dose da vacina oral contra a polio para chegar a 500 millóns de nenos. O traballo de mobilización social de UNICEF asegura que as familias acepten a vacina cando a reciben. Os intensos esforzos na última década levaron a que a aceptación da vacina contra a polio chegue aos seus niveis históricos máis altos nos países onde a poliomielite é endémica.

Agora NOn podemos parar de salvar vidas

Para seguir avanzando na loita contra a mortalidade infantil, puxemos en marcha a campaña Agora non podemos parar coa que queremos recordar que con medidas tan sinxelas como unha nutrición axeitada, vacinas ou auga potable podemos salvar miles de vidas.

Os índices de supervivencia infantil melloraron radicalmente: en 1990, 12,7 millóns de nenos menores de cinco anos morreron por causas que podemos evitar; en 2013 esta cifra foi de 6,3 millóns. É unha redución de case a metade, pero a pesar dos avances, máis de 17.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que se poden evitar con medidas tan sinxelas como ter vacinas, auga ou unha nutrición axeitada.

QUe PoDES fACER Ti PARA FREAR A MORTALIDADe INFANTIL?

Para contribuír ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil podes:

  • Facer unha doazón online
  • Enviar un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 *: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.
  • Facer un donativo por teléfono no 902 31 41 31
  • Sumarte á nosa comunidade de optimistas e convencer aos teus os teus amigos e coñecidos de que estamos máis preto que nunca de rematar coa mortalidade infantil. Podes descargarche o noso kit de superviviencia e axudarnos a difundir a mensaxe nas túas redes sociais.

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es