Declaración sobre Sirya da Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África, Maria Calivis

"Unha serie de noticias sobre Sirya esta semana poñen de relevo que os nenos están a pagar un prezo terrible a medida que se recrúa o conflito no país.

Os medios de comunicación mostran hoxe escenas de asasinatos masivos no pobo deHasawiya, aos arredores deHoms, asegurando que hai familias enteiras entre estes mortos en horribles circunstancias. Anteriormente informárase de que había mulleres e nenos palestinos -procedentes da enorme poboación de refuxiados palestinos que hai en Sirya- entre os mortos e feridos dos enfrontamentos armados rexistrados no sur de Rif Damasco. A principios desta semana informouse de dúas explosións na Universidade de Alepo que mataron máis de 80 persoas, entre elas moitos estudantes.UNICEF condena estes últimos incidentes nos termos máis enérxicos, e unha vez máis fai un chamamento a todas as partes para asegurar que os civís - especialmente os nenos - estean a salvo dos efectos do conflito  "