Declaración de UNICEF sobre o ataque a unha escola en Mosul, Iraq

UNICEF está horrorizado polos informes da cidade do norte de Iraq, Mosul, na que se produciron múltiples vítimas infantís tras ser atacada directamente unha escola por un lume de morteiro o sábado 7 de xuño durante os enfrontamentos entre militares e as forzas do goberno.

 

Calquera ataque que se dirixe aos nenos ou as escolas é unha grave violación contra os dereitos do nenocomo se indica nas Resolucións 1612 e 1882 do Consello de Seguridade. As escolas son zonas de paz onde aos nenos se lles debe permitir xogar e aprender en condicións de seguridade, e as violacións deste tiposocavan os principios humanitarios básicos que todas as culturas, as relixións e os gobernos acordan, e intensifica aínda máis aespiral de violencia en Iraq.UNICEF condena este ataque e pide que se poña fin a todas as accións que poñen en perigo os nenos.