A CSAG únese á campaña “Acéndete polos dereitos da infancia”

TVG e RG celebran o Día Mundial da Infancia difundindo, desde o luns 17 ata o domingo 23 de novembro, contidos para defender e protexer os dereitos da infancia.

Justine, de 4 años, es atendida en el centro de salud Umoja de Goma (provincia de Kivu del Norte, República Democrática del Congo).

A Justine, de 4 anos, tómanlle as medidas no centro de saúde Umoja de Goma (provincia de Kivu do Norte, República Democrática do Congo). ©UNICEF/UNI878329/Benekire

17/11/2025

Do 17 ao 23 de novembro, a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) únese a UNICEF na XV Semana coa Infancia coa campaña “Acéndete polos dereitos da infancia”, unha iniciativa que busca mobilizar á sociedade galega en defensa dos dereitos dos nenos, as nenas e adolescentes.

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, que conmemora a aprobación en 1989 da Convención sobre os Dereitos do Neno, o tratado máis ratificado da historia e un fito na protección da infancia. Hoxe, porén, estes dereitos vense ameazados por conflitos, pobreza, crises climáticas e recortes, poñendo en risco o futuro de millóns de nenos e nenas.

A campaña convida a escoitar á infancia, atender as súas necesidades e renovar o compromiso social: investir neles e apoialos para construír un futuro mellor. Durante toda a semana, TVG, Radio Galega e as canles dixitais da CSAG “acéndense” con entrevistas, reportaxes e programas especiais.

Unha programación comprometida

Presentadores e xornalistas como María Solar, David Valverde, Antía Araújo, Pablo Muñoz e Ana Celia Vázquez serán as voces visibles desta campaña en TVG. Espazos informativos como Bos Días, O Termómetro, Galicia Noticias, Telexornal Mediodía e Telexornal Serán incluirán contidos sobre a situación internacional e os retos da infancia en España.

O luns 17, Bos Días entrevistará a María Montalvo, presidenta de UNICEF Comité Galicia, para analizar avances en participación, nutrición e educación, así como os desafíos actuais. Entre eles, a pobreza infantil, tema que abordará o venres 21 Lara Contreras, directora de Influencia e Programas de UNICEF España, quen explicará que políticas poderían reverter esta situación. O sábado 22, o psicólogo Antonio Rial Boubeta abordará o impacto da tecnoloxía na infancia tras a maior investigación mundial sobre benestar emocional e redes sociais, elaborada por Red.es, UNICEF España e a USC.

O mércores, O Termómetro contará con Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité de Galicia, e Martín, mozo do Grupo Asesor de UNICEF España, para debater sobre dereitos dixitais e propostas xurdidas no IV Encontro de Participación Infantil e Adolescente de Galicia. Ademais, os programas Quen Anda Aí e Hora Galega sumaranse con entrevistas e reportaxes sobre pobreza, saúde e a situación en Sudán.

O venres, o programa Luar dedicará unha edición especial ao Día Mundial da Infancia, mentres que Radio Galega reforzará a campaña en espazos como Galicia por Diante, A Tarde e A Crónica, coa participación de Lucía Losoviz, responsable de políticas de infancia de UNICEF España. Incluso o deporte implicarase: Galicia en Goles destacará a alianza global entre UNICEF e Kings League para visibilizar os desafíos que afectan á infancia.

Ademais, a campaña incluirá anuncios e cuñas durante toda a semana para dar a coñecer o labor de UNICEF, xunto coa difusión nas canles dixitais da CSAG mediante o cancelo #SemanacoaInfancia.

Cómo colaborar

A cidadanía pode sumarse á campaña enviando un Bizum solidario ao 11908. Con só 15 €, UNICEF proporciona tratamento contra a desnutrición aguda grave a 17 nenos durante un día. Tamén se pode doar a través da conta IBAN ES17 2080 0300 8230 4014 4174.

Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?

Faite socio. Elixe agora a túa achega mensual

Podes deducir ata

Sabes que podes recuperar ata un 80% das túas achegas? Máis info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Se prefires, contacta connosco no 900 907 074 de luns a venres de 9:00h a 21:00h e sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]

A CSAG únese á campaña “Acéndete polos dereitos da infancia”