Crise en Gaza: o ano escolar, golpeado pola continuación das hostilidades

Preto de medio millón de nenos en Gaza non poden regresar ás escolas de primaria e secundaria no inicio do novo curso, segundo advertiron hoxe Save the Children, UNICEF e UNESCO.

Neste 24 de agosto, máis dun millón de estudantes palestinos terían que volver a clase, pero as aulas permanecen pechadas na zona costeira afectada o conflito, negando o seu dereito á educación a case medio millón de nenos.

"Este é o momento no que os nenos deberían estar na escola para estudar, non nun conflito armado e sobrevivindo a el", dixeron David e Paulette Hassell, codirectores de Save the Children no país, que xunto con UNICEF lidera o cluster (grupo especializado de traballo) de Educación que coordina a acción humanitaria no sector.

"Este foi un verán perigoso para os nenos palestinos en Gaza, que nin sequera podían saír a xogar. A escola é esencial na vida destes nenos traumatizados, xa que xoga un papel crave na súa curación", engadiron os Hassell.
 
 

Crise en Gaza: polo menos 219 escolas danadas

Dende o inicio do conflito o pasado 8 de xullo, polo menos 219 escolas resultaron danadas, 22 delas tan gravemente que non poderán ser utilizadas nunca máis.

Entre as que aínda permanecen en pé, 103 convertéronse en refuxios colectivos para unhas 330.000 persoas desprazadas, das que a metade son nenos.

O sector de Educación xa estaba en situación de crise antes desta escalada de violencia, cun déficit de case 200 escolas e preto do 80% das aulas dobrando quendas para ocuparse do gran número de alumnos.

o bloqueo de Gaza impide construir novas escolas

O bloqueo de Gaza impediu abordar a necesidade desesperada de construción de novas escolas, e prexudicará os esforzos de reconstrución se non se adoptan medidas urxentes.

"A educación é o alicerce de toda sociedade. Investir en educación é investir en paz e estabilidade. Para iso, a comunidade humanitaria necesita ter a capacidade de traer rapidamente os materiais e o equipamento necesarios para a reparación, reconstrución e construción de escolas en Gaza a gran escala", sinalou June Kunugi, representante especial de UNICEF no Estado de Palestina.

Segundo as estimacións actuais,  o período escolar non se renovará ata que non pasasen dous ou tres semanas dun cesamento do fogo duradeiro. As escolas que se están utilizando como refuxio necesitarán distintos graos de rehabilitación para estar preparadas para unha escolarización normal. Tamén hai que facer reparacións iniciais en escolas danadas pola guerra, e retirar munición sen explotar para restaurar a seguridade.

Ademais, é preciso atopar unha solución para as 330.000 persoas que se viron forzadas a refuxiarse en escolas -70.000 das cales non teñen onde ir desde que as súas casas foron destruídas- e apoiar no longo prazo unha ampla rehabilitación e remodelación de edificios escolares que foron danados.

Axuda aos nenos palestinos