Crise en Gaza: o 70% da poboación sen acceso seguro a auga potable

A terrible situación que afrontan os palestinos residentes en Gaza complícase coas dificultades e problemas que formula a subministración de auga potable e a destrución da rede de saneamento.

Hai máis de 800.000 persoas que están en risco de contaminación pola rotura das lineas de drenaxe e a filtración no sistema de auga potable.


UNICEF está a responder ás necesidades urxentes de saneamento e auga potable, en Gaza, de moitas formas.


Unha é imprimir folletos para as familias que actualmente non teñen casa para que poidan adquirir auga e produtos de hixiene nas tendas locais.

Crise en Gaza: auga e saneamiento para os damnificados

Tamén estamos a distribuír kits de hixiene, tanto para adultos e familias coma para bebés a través do noso aliado, a Media Lúa Palestina, en albergues e en escolas públicas onde se están a aloxar aqueles que quedan sen casa.

UNICEF necesita urxentemente 14,3 millóns de dólares (10,6 millóns de euros) para atender as necesidades humanitarias críticas dos nenos palestinos que sofren as consecuencias do conflito.

Axuda aos nenos palestinos