Crise de Sirya: debemos actuar agora

Todos estamos en estado de shock ao ver as imaxes de tantos nenos sufrindo, declara o director executivo de UNICEF, Anthony Lake.
 
 
Pero o impacto a longo prazo é menos visible. O conflito afecta ás mentes e os corazóns duns nenos que se viron obrigados a deixar as súas casas e os seus colexios.

Nenos cuxainfancia foiroubada.

Foron e son testemuñas dunha violencia brutal. Por iso, dalgún xeito,empezan a crer que isto é normal.

Os nenos deSirya son os futuros médicos, avogados, profesores e líderes da súa terra. Perosen acceso a educación será difícil que poidan obter as habilidades e o coñecemento que lles permita reconstruír as súas vidas e contribuír á reconstrución do seu país.

Necesitan protección e apoio para superar o trauma. Necesitan paz para, no futuro, ser capaces de dirixir a reconciliación que require o seu país.

"Non podemos permitirnosperder unha xeración enteira denenos de Sirya", di Anthony Lake. Por iso "debemos actuar agora para darlles a educación, a proteccióne o apoio que necesitan para converterse nos líderes dun futuro mellor".
 

Crise de Sirya: os nenos son o futuro

Hai quedefender agora os nenos porque eles son ofuturo de Sirya.

Por iso dendeUNICEFpedímosche:

  • Por favor, fai que a súa voz se oia.
  • Mostra o teu apoio.
  • Difunde a mensaxe.
  • Convértete nun defensor dos nenos de Sirya. Podes facelo deixándonos a túa firma para pedir á comunidade internacional que poña fin a esta barbarie.