Crise de refuxiados: reunión en Luxemburgo dos líderes europeos

A actual crise migratoria e de refuxiados é unha crise con rostro de neno e ten altos custos humanos. Un de cada catro solicitantes de asilo é un neno. Entre xaneiro e xullo de 2015, 133.000 nenos solicitaron asilo en Europa, segundo datos de Eurostat. 
 
Coincidindo coa reunión de líderes europeos que se celebra estes días en Luxemburgo, desde o Comité Español de UNICEF queremos lembrar a importancia de reforzar os compromisos para responder as necesidades urxentes destes nenos refuxiados e migrantes.
 
Consideramos que este encontro supón unha valiosa oportunidade para aplicar os acordos sobre a recolocación e o reasentamiento de miles de persoas solicitantes de asilo, con especial atención aos nenos, que requiren protección internacional.
 
Redordamos que tamén é necesario fortalecer a cooperación global cos países de orixe e de tránsito, onde a axuda para o desenvolvemento e a asistencia humanitaria desempeñan un papel crave. 
 
 

Crise migratoria: o 80% das persoas proceden de Sirya

O 80 % das persoas, familias e nenos, que chegan a Europa a través do Mediterráneo e pola ruta de Grecia e os Balcáns Occidentais están a escapar do conflito de Sirya. Miles de nenos enfróntanse a problemas para acceder aos servizos básicos e requiren atención psicolóxica debido á violencia que experimentaron ou da que foron testemuñas. 
 
Resulta primordial pór especial atención ás necesidades dos nenos abordando as causas da crise. En Sirya hai 5,6 millóns de nenos afectados polo conflito armado e 2,2 millóns de nenos refuxiados.
 
 

Animamos ao goberno español a protexer aos nenos refuxiados

Os compromisos adquiridos deben concretarse nunha acción urxente por parte de todos os Gobernos europeos para protexer plenamente a todos os nenos e as nenas. Animamos, tamén, ao Goberno español a que a súa resposta se consolide, a prestar especial atención nos seus plans de acción á protección dos nenos refuxiados e a desenvolver unha resposta colectiva xunto coa Unión Europea. Para iso, recomendamos:
  • Manter ás familias unidas en todo momento, mediante programas de localización e reunificación familiar nos lugares aos que os nenos están a chegar non acompañados ou se separaron durante a viaxe. 
  • Velar para que o principio do interese superior do neno sexa unha consideración primordial en todas as prácticas e políticas, e nos procedementos administrativos e xudiciais. 
  • Garantir o suficiente investimento para reforzar as medidas de protección social, saúde, educación, vivenda, e as políticas de rexistro de nacementos a fin de protexer aos nenos migrantes e solicitantes de asilo, eliminar as barreiras de acceso aos servizos, e mitigar o impacto psicosocial.