Crise alimentaria no sahel. A historia de Halima Isaka

A familia de Halima Isaka é unha das beneficiarias da transferencia de diñeiro en efectivo en Níxer. "A colleita deste ano foi tan mala que nin sequera nos durou 3 meses", explica. "Levamos tres anos con escaseza de chuvias nesta zona. Non temos suficientes alimentos para sustentar a nosa familia".

Atransferencia de diñeiro en efectivo, contaHalima, cambioulles a vida. "Antes de que recibísemos este diñeiro, vímonos obrigados a recoller follas de arbustos para alimentar os nosos fillos", di mentres prepara a comida do mediodía para a súa familia. "Se tiñamos sorte, poñiamos un pouco de millo na sopa, pero iámonos para a cama con fame". "Este proxecto salvounos a vida", explica.  

A tempo de evitar unha catástrofe humanitaria

UNICEF, xunto coa Axencia para o Desenvolvemento Internacional de Estados Unidos, o Departamento de Axuda Humanitaria da Unión Europea, o goberno de Níxer e outros aliados puxo en marcha unha intervención de emerxencia nodistrito de Magaria, onde máis de 20.000 familias recibiron nos últimos meses achegas en efectivo para a súa subsistencia. A través deste proxecto, cada nai recibe unha mensualidade de 20.000 francos CFA, o que equivale a 40 dólares, durante tres meses. Save the Children desenvolve este programa co apoio de UNICEF, ocupándose dadistribución en estreita colaboración cos líderes das comunidades para asegurar que se chega aos cales máis o necesitan.  

O traballo coas mulleres é fundamental, xa que tal e como explica Hélene Kouyaté de UNICEF, son as nais as que "están a loitar por alimentar os seus fillos". A acción de UNICEF inclúe a distribución (durante os últimos meses) de porcións mensuais de alimentos enriquecidos ás nais con fillos entre os 6 e 23 meses.UNICEF espera empezar a recibir o apoio de doadores de todo o mundo para expandir o programa a outras rexións de Níxer durante 2012, beneficiar ás familias e fortalecer a capacidade do goberno para responder ás crises alimentarias.UNICEF España abriu xa unha vía de colaboración para todos aqueles que queiran contribuír a   evitar que la situación se agrave ainda máis no Sahel.En toda a rexión do Sahel máis dun millón de nenos menores de 5 anos necesitan recibirtratamento contra a desnutrición aguda grave.UNICEF leva meses traballando para evitar que a emerxencia se agrave. A escaseza de chuvias afectou as colleitas e deixou en situación precaria comunidades enteiras. Segundo a análise de situación realizada durante o verán e o outono polos equipos de nutrición deUNICEF, sete dos oito países da zona presentan focos con taxas elevadas de desnutrición en nenos menores de 5 anos. Os índices de desnutrición nas rexións máis secas deChad e Mauritania, Níxer ouMali, requiren unha resposta de emerxencia. Comunidades enteiras en Burkina Faso, Senegal, o norte de Camerún e Nixeria tamén están en risco. O alimento terapéutico é o tratamento que combate a desnutrición. Por iso, o esforzo de UNICEF e os seus aliados céntrase en conseguir suficiente cantidade de alimento terapéutico de cara ás crecentes necesidades que se esperan para os próximos meses, e así, evitar unha emerxencia a grande escala. O desafío é grande e, se se conseguen os recursos necesarios para unha acción a grande escala, aínda se está a tempo de evitar unha catástrofe humanitaria.