Costa de Marfil: alarmante impacto nos nenos

O conflito en Costa de Marfil ten un alarmante impacto nos nenos

O Director de UNICEF manifesta preocupación ante as informacións de que hai nenos entre as vítimas de asasinatos masivos

"Estamos especialmente inquedos polas informacións que indican quehai nenos entre as vítimas dos asasinatos masivos. E os nenos continúan sendo recrutados polas forzas armadas de todas as partes implicadas no conflito, unha grave violación dos seus dereitos que pon en perigo non só o seu futuro senón as opcións de alcanzar unha paz duradeira en Costa de Marfil.UNICEF está a axudar con subministracións humanitarias á poboación que ten máis necesidades, pero os nosos programas víronse seriamente afectados polos enfrontamentos. Na zona oeste, UNICEFconseguiu levar subministracións básicas á poboación desprazada, pero necesitamos chegar urxentemente aos que se encontran en perigo, especialmente en Abidxán, onde se estima que un millón de persoas desprazadas están en extrema necesidade.Tememos brotes de enfermidades se nós e outras axencias non poden chegar a miles de familias desprazadas internamente.UNICEF suma a súa voz á de moitos outros que solicitaron, a todas as partes implicadas neste conflito, un cesamento da violencia contra os civís e permitan aos traballadores humanitarios chegar ás persoas máis necesitadas".Anthony Lake, Director Executivo deUNICEF.