Champions for Africa: o Valencia CF apoia o partido solidario cunha camiseta especial

O Valencia CF presentou unha edición exclusiva da súa camiseta, deseñada con motivo da celebración en Mestalla do IV Champions for Africa, promovido por UNICEF e a Fundación Kanouté, e que xa se encontra á venda nas Tendas VCF Oficiais.

Trátase dundeseño especial que lucirá o equipo en todos os partidos oficiais de Liga BBVA e Copa do Rei que se celebren dende hoxe ata o 29 de decembro, día no que se xogará este partido solidario en Valencia. O reto deste encontro é conseguir encher o Camp de Mestalla para poder salvar as vidas de10.000 nenos que sofren desnutrición infantil.  

o 29 de decembro no Mestalla

A rolda de prensa, celebrada na Cidade Deportiva de Paterna, estivo presidida polo Presidente do Valencia CF, Manuel Llorente Martín, e asistiron, entre outros, a Presidenta de UNICEF Comité Comunidade Valenciana, Bienvenida Guerrero; o adestrador do Valencia CF, Unai Emery; e os xogadores Aritz Aduriz, e Roberto Soldado, que falaron en nome do equipo.Manuel Llorente expresou o compromiso do club valenciano con UNICEF para difundir a importancia do encontro solidario que éChampions for Africa: "É un orgullo contar co mellor patrocinador para este partido e poder axudar os nenos que sofren en África". Así mesmo, recordou que con cada camiseta se regalará unha entrada para asistir ao encontro.

Pola súa banda, a Presidenta de UNICEF Comité Comunidade Valenciana, Bienvenida Guerrero, afirmou: "Hoxe damos un paso máis para conseguir o noso obxectivo de encher Mestalla para salvar a vida de 10.000 nenos no Corno de África". A Presidenta fixo un chamamento a toda a sociedade valenciana porque "só grazas á solidariedade e o compromiso de todos poderemos cumprir o noso reto". En nome dos futbolistas do Valencia CFinterveu o xogador Roberto Soldado, para quen "é un orgullo estar con UNICEF nun partido transcendental que se vai ver en todo o mundo". Ademais, afirmou que considera o seu deber facer todo o que estea na súa man para poder axudar a estes 10.000 nenos e está seguro de que "todo o valencianismo mostrará orgulloso o lema de Champions for Africa". Xogadores como Roberto Soldado e o adestrador Unai Emery, xa confirmaron que estarán o 29 de decembro sobre o céspede deMestalla.Proximamente poñeranse á venda as localidades para o encontro, con prezos populares que oscilarán entre os 5 e os 20 euros. Dende a declaración de fame o 20 de xullo enSomalia, case 110.000 nenos gravemente desnutridos foron tratados en centros apoiados por UNICEF na rexión. Ademais, ao redor de 2,6 millóns de persoas recibiron acceso a auga potable e máis de 1,5 millóns recibiron subministracións e información sobre prácticas de hixiene saudables. Dende xullo, UNICEFdistribuíu na rexión preto de 10 mil toneladas métricas de subministracións que salvan vidas.

Podes seguir toda a información sobre o partido na súapáxina de Facebook e no seu Twitter (@champions_AFR)