Celebramos o noso 50 aniversario

Para celebrar o 50 aniversario, UNICEF España organizou unha festa infantil que terá lugar o 15 de abril na Casa de América de Madrid.

Durante o evento, renderáselle homenaxe a un dos Embaixadores de UNICEF España, Miliki, quen ao longo da súa carreira apoiou numerosas actividades e campañas de UNICEF.

A celebración contará con Los Lunnis, personaxes de TVE e Embaixadores de UNICEF España, e a actuación especial do grupo CantaJuego.  

Tamén coincidindo co 50 aniversario, UNICEF España renova os seus canais de comunicación, modernizando a súa páxina web e a súa revista de socios e reforzando a súa presenza en redes sociais.

O obxectivo é dar a máxima difusión a noticias, entrevistas e reportaxes que falan da situación da infancia en todo o mundo e difundir o labor que realiza UNICEF para protexer os dereitos de todos os nenos.

Ver vídeo 'Lembráste?' de RTVE sobre a historia de UNICEF España

Vídeo 50 aniversario de UNICEF España

50 aniversario UNICEF España