Campañas de vacinación masiva en Sirya, Xordania, Líbano, Iraq e Turquía

UNICEF e os seus aliados intensificaron as campañas de vacinación en Sirya, Xordania, Líbano, Iraq e Turquía, ante varios brotes de sarampelo nunha rexión que xa está a loitar para proporcionar asistencia humanitaria aos millóns de persoas afectadas pola crise siria.

"Co gran número de poboación desprazadae a deterioración dos servizos de saúde en Sirya, débense tomar precaucións adicionais para asegurar que os nenos están protexidos contra enfermidades mortais como o sarampelo sen importar onde se encontren", dixoMahendra Sheth, Asesor Rexional de Saúde de UNICEF. "A inmunización é unha das ferramentas máis rendibles que temos dispoñibles".


Dende o inicio da crise hai máis de dous anos, máis de 1,4 millóns de refuxiados sirios fuxiron aos países veciños Xordania, Líbano, Iraq, Turquía e Exipto, cunha media actual de ata 8.000 sirios que foxen do país diariamente.


Ademais, uns 4,25 millóns de sirios víronse obrigados a desprazarse internamente, dos que case a metade son nenos. Moitos deles viven en condicións insalubres de amoreamento, o que fai que as enfermidades se propaguen con gran rapidez.

Brotes de sarampelo
En Iraq,dende decembro de 2012, rexistráronse ao redor de 332 casos de sarampelo no campamento de refuxiados do norte,Domiz. En Líbano, dende xaneiro,detectáronse uns 300 casos de sarampelo e enSirya hai 133 casos confirmados.

EnXordania identificáronse polo menos cinco casos entre os refuxiados sirios no campamento de refuxiados deZa'atari. Mentres tanto, en Turquía durante o último ano, produciuse uns3.000 e 4.000 casos de sarampelo, incluíndo 300 entre os refuxiados sirios.

En todos os países,UNICEF incrementou as campañas de vacinación para garantir que todos os nenos están protexidos contra esta enfermidade cos Ministerios de Saúde dos países, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros aliados.

En Sirya, vacinouse uns550.000 nenos por equipos do Ministerio de Saúde como parte dunha campaña nacional cuxo obxectivo é vacinar 2,5 millóns de nenos co apoio de UNICEF e a OMS. En Líbano, 462.000 nenos sirios, libaneses e palestinos foron vacinados este ano.
 
En Xordania levouse a cabo unhacampaña de vacinación no campamento Za'atari, a través da cal se inmunizou60.000 refuxiados contra o sarampelo.

Mentres tanto, no campamento de Domiz de Iraq, logrouse vacinar co apoio deUNICEF uns 19.300 refuxiadosde entre seis meses e 30 anos. En Turquía, o Ministerio de Saúde intensificou a vacinación en oito provincias onde se concentra a maior parte dos 292.000 refuxiados sirios.

Estas campañas coinciden coa Semana Mundial da Vacinación, que promove a inmunización mundial como unha das ferramentas máis eficaces para protexer os nenos dunha enfermidade mortal.