Cadea solidaria Champions for Africa. Únete!

Con motivo da V edición do partido Champions for Africa, que terá lugar o próximo día 25 de setembro no Estadio Sanchez Pizjuán, UNICEF España e a Fundación Kanouté lanzan hoxe unha cadea virtual de SMS que pretende unir Sevilla e Malí contra a desnutrición infantil.

Cada mensaxe irase sumando ata cubrir os elos da cadea necesarios para percorrer a distancia que separa Sevilla, cidade que acolle a edición do VChampions for Africa, eMalí, país onde a Fundación Kanouté construíu a Cidade dos Nenos deSakina, ao que se destinan parte dos fondos conseguidos. As persoas que queiran participar nesta cadea solidaria deChampions for Africa poden enviar un SMS coa palabraUNICEF ao 28028 e comprobar sobre un mapa virtual a súa posición na cadea. Estas mensaxes permitirán salvar as vidas de miles de nenos e ampliar as instalacións da Cidade dos Nenos, xa que o custo de cadaSMS será doado integramente aUNICEF. Con esta cantidade, 1,20 €* (sen impostos incluídos) UNICEF pode proporcionar un día de tratamento para un neno con desnutrición aguda.  

 úneste á  cadea que salva vidas?

Baixo este lema, destacados profesionais da comunicación, nacionais e estranxeiros, uníronse á Cadea Champions. A través das redes sociais e co respaldo de diferentes medios de comunicación, a iniciativa pretende lograr, dende as 18:00 horas de hoxe e ata o próximo día 25 de setembro, data na que se celebrará o partido Champions forAfrica - Homenaxe a Kanouté, o envío das mensaxes necesarias para cubrir o percorrido entre Sevilla eBamako, capital de Malí. Un reto posible grazas á axuda dos profesionais da comunicación e a unha mensaxe conxunta:

 Úneste á cadea que salva vidas? De Sevilla aMalí con #championsforafrica. Pon o teu elo en #cadenachampions http://ow.ly/1OuADJ

Aqueles que queiran unirse á cadea de campións pode facelo en www.championsforafrica.es/cadena-champions-africaou seguindo a partir das 18:00 horas as mensaxes que aparecerán na conta Twitter de Championsfor Africa , @champions_AFRe no seu perfil de Facebook.

V Champions for Africa

O V Champions forAfrica Homenaje a Kanouté é un partido amigable que persegue un dobre obxectivo. O primeiro, apoiar os programas de supervivencia infantil que UNICEF leva a cabo en África, con especial atención á prevención e tratamento da desnutrición infantil ademais de ampliar as instalacións daCidade dos Nenos de Bamako xestionada pola FundaciónKanouté. E o segundo, homenaxear o mellor xogador da historia moderna doSevilla FC, Frédéric Kanouté, un exemplo, polos seus valores, tanto dentro coma fóra do terreo de xogo. Trátase, polo tanto, dun acontecemento único e irrepetible, no que ten que xogar toda a cidade de Sevilla, porque o obxectivo non é outro que meterlle un gol pola escuadra á desnutrición infantil.