Brote de cólera en Costa de Marfil

A cólera alcanzou a zona de Abidxán, en Adjamé, Costa de Marfil, provocando sete falecidos, segundo as autoridades sanitarias locais.

"Ata o momento confirmáronse 35 casos e 7 falecidos, unha taxa de mortalidade do 20%, que é inaceptablemente alta" aseguraSylvie Dossou, Representante deUNICEF en Costa de Marfil.

"UNICEF está a traballar xunto aos seus aliados, incluída a Organización Mundial da Saúde (OMS) para responder ao brote. Comprometémonos a distribuír 250.000 pastillas de xabón, cinco kits para o tratamento da cólera, e 3.000carteis con información de prevención urxindo á poboación a lavarse as mans con xabón, así como para promover prácticas de hixiene saudables. A cólera é totalmenteprevenible, pero debemos actuar con rapidez para evitar que empeore a situación", engadiu. "Os cinco kits contra a cólera conteñen suficientes medicamentos para tratar mil pacientes" asegura Eli Ramamonjisoa, Especialista en Saúde de UNICEF en Costa de Marfil.  

.

Cólera

A cólera, unha infección diarreica aguda, é unha enfermidade extremadamente virulenta. Afecta tanto a nenos coma a adultos e pode provocar a morte en só unhas horas, segundo a OMS. De calquera xeito é unha enfermidade doadamente tratable. Máis do 80% dos pacientes poden ser tratados con éxito administrando con rapidez sales de rehidratación oral (que custan menos de 0,10 dólares por tratamento). Os pacientes severamente deshidratados necesitan fluídos por vía intravenosa.