The British School of Gran Canaria, Escola Amiga de UNICEF

The British School of Gran Canaria é, dende o 14 de novembro, Escola Amiga de UNICEF polo seu compromiso á hora de incluír os dereitos da infancia na práctica educativa e de promover iniciativas para conseguir recursos destinados aos programas e proxectos de cooperación e emerxencias de UNICEF en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento.

 

Este recoñecemento como Escola Amiga de UNICEF significa, en palabras da presidenta deUNICEF Comité Canarias, Nereida Castro, "apostar polos valores que UNICEF promove en Educación para o Desenvolvemento,como son o coñecemento dos dereitos dos nenos, aparticipación, o compromiso cívico e a solidariedade global". Mentres, o director do centro educativo, Julian Clark, valorou que o inicio desta estreita colaboración con UNICEF permitirá que os seus alumnos obteñan un coñecemento máis próximo do labor realizado pola organización. "Ademais, esta alianza será un elemento básico no desenvolvemento da área daResponsabilidade Social dentro do actual Plan de Desenvolvemento do colexio", anotou A finais de novembro, a comunidade escolar de The British School ofGran Canaria participou nunha xornada de captación de fondos destinados aos máis de cinco millóns de nenos afectados polotifón Haiyan en Filipinas.