Axuda refuxiados: urxe protexer aos nenos ante as devolucións a Turquía

As devolucións de refuxiados a Turquía desde as illas gregas xa comezaron. O primeiro barco rumbo a este país partiu o pasado luns. As autoridades gregas paralizaron o proceso durante uns días, pero mañá venres prevese que se renoven as expulsións contempladas no acordo UE-Turquía.

 

Neste contexto, desde UNICEF lembramos a todos os Estados a obrigación de protexer a todos os nenos. Débese escoitar cada caso individualmente e analizalo minuciosamente antes de decidir cal vai ser oseu futuro.
 
Unha nova lei grega, que entrou en vigor esta semana, exime a algúns grupos vulnerables dos "procedementos fronteirizos excepcionais" oudevolucións. Dentro destes grupos vulnerables atópanse os nenos que experimentaron un fortetrauma, os que se atopan sós, os que teñen algún tipo de discapacidade, as mulleresembarazadas e as que deron a luz recentemente. 
 

AxUDA REFUxIADOS: 22.000 NenOS están ATRAPADOS EN GRECIA

Desde UNICEF damos a bievenida a esta nova normativa. Con todo, queda moito por facer. Actualmente, máis de 22.000 nenos refuxiados e migrantes están bloqueados en Grecia e enfróntanse a un futuro incerto. Ademais, desde que se aprobou o acordo UE-Turquía, tamén se enfrontan a posiblesdetencións.
 
É necesario establecer un proceso ben xestionado para determinar que é o mellor para cada neno e satisfacer as necesidades básicas de todos os nenos de acordo coas leis internacionais e europeas. Isto implica que estes nenos teñen que poder acceder a un aloxamento adecuado, atención sanitaria e protección contra atrata e a explotación.
 
Os nenos teñen motivos específicos para pedir protección internacional. Un exemplo pode ser que se enfronten á ameaza derecrutamento por parte de forzas armadas ou aomatrimonio infantil.
 

AxUDA REFUxIADOS: "ESCAPAR DA GUERRA NOn é UN DELITO"

"Os nenos necesitan ser escoitados. Unha decisión tomada con demasiada rapidez pode situalos nun lugar cheo de riscos eviolencia", dixo Marie-Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de persoas refuxiadas e migrantes en Europa.
 
En Grecia os dispositivos de atención e apoio a nenos que viaxan sós víronsedesbordados. Ao non haberaloxamentos suficientes, moitos terminaron pasando períodos cada vez máis longos en detención preventiva, en dependencias policiais ou nas instalacións de recepción, que terminaron converténdose en centros de detención con réxime pechado.
 
"En UNICEF estamos preocupados polos informes que apuntan a que algúns nenos están a ser detidos debido ao seu status migratorio. Escapar da guerra e buscar a supervivencia non é un delito ", dixo Poirier.