Ataque convoi humanitario en Siria: non imos darnos por vencidos

En UNICEF estamos "conmocionados e arrepiados" polo ataque de onte á noite contra o convoi de axuda humanitaria en Alepo (Siria), no que morreron decenas de civís, entre eles un empregado da Media Lúa Vermella.
 
Miles de persoas, que necesitan desesperadamente auga e alimentos, non puideron recibir as subministracións vitais que ían ser repartidos no oeste de Alepo. A comida e as subministracións de saúde e nutrición foron destruídos.   
 
"O que sucedeu nas últimas horas é unha traxedia. Se se trata dun ataque deliberado, entón é horrible e é un crime de guerra", declarou á BBC Radio o director adxunto de UNICEF, Justin Forsyth. "Eran traballadores humanitarios facendo todo o posible, en circunstancias moi difíciles, para chegar a máis de 70.000 persoas necesitadas", engadiu.
 

Siria é un dos conflitos máis perigosos para os traballadores humanitarios

Pola súa banda, Stephen Ou'Biren, subsecretario xeral de Asuntos Humanitarios e coordinador de axuda de emerxencia de Nacións Unidas, fixo un chamamento para que se realice unha investigación inmediata, imparcial e independente sobre este incidente.
 
"Non pode haber ningunha explicación ou escusa, ningunha razón ou xustificación para atacar a traballadores humanitarios valentes e abnegados que tentan chegar a persoas que necesitan axuda desesperadamente.Os autores deben saber que un día serán considerados responsables de violacións do dereito internacional humanitario e de dereitos humanos", asegurou.
 
 
Siria é un dos conflitos máis perigosos para os traballadores humanitarios. No último ano, decenas de voluntarios e persoal contratado das organizacións humanitarias han perdido as súas vidas. Non hai precedentes na escalada de violencia e necesidades, nin na respueta humanitaria necesaria.
 
UNICEF traballa en Alepo e en todas as áreas asediadas. "Traballamos co goberno e cos rebeldes e damos o mellor de nós mesmos, pero a guerra ten que parar", dixo hoxe o director adxunto de UNICEF. 
 
"Non imos darnos por vencidos. Hai 300.000 persoas en Alepo ás que abastecemos de auga todos os días Se nos fósemos agora, habería un sufrimento masivo. Temos unha clínica de saúde móbil no leste de Alepo atendendo a nenos moi necesitados que están desnutridos e necesitan axuda sanitaria básica. Temos que quedarnos e facer todo o posible, mesmo se a situación é difícil. Necesitamos un cesamento do fogo", concluíu.