Agora NON podemos parar: unha vacina pode ser a diferenza entre a vida e a morte

Podemos rematar coa mortalidade infantil con medidas tan simples como unha vacina.

Explícanolo Dorothée Ntakirutimana, responsable de vacinación de UNICEF en Burundi: "Se o país deixa de recibir as vacinas que UNICEF proporciona para os nenos rexurdirán moitos casos de enfermidades e volveranse producir moitas mortes evitables".

Vacinar un neno é unha das medidas máis efectivas para reducir a mortalidade infantil. As campañas de inmunización evitan entre 2 e 3 millóns de mortes cada ano por difteria, tétanos, tose ferina e sarampelo.

Coa túa axuda podemos seguir vacinando nenos contra enfermidades mortais en moitos países do mundo. Axúdanos a seguir salvando vidas.