Agora NON podemos parar: a Radio Televisión de Castela e León súmase á loita contra a mortalidade infantil

A Radio Televisión de Castela e León (RTVCYL) uniuse a UNICEF na loita contra a mortalidade infantil. A campaña de UNICEF Comité Español Agora non podemos parar estará presente na RTVCYL e as súas 8 canles provinciais a partir do 12 de novembro e durante todo o mes de decembro.

Este é o cuarto ano que o ente público se suma ao traballo de UNICEF Comité Castela e León, con publicidade e contidos sobre o traballo de UNICEF.

 

Así, durante a xornada do mércores 12 de novembro, a RTVCYL previu as seguintes accións:
  • Emisión do anuncio de campaña durante todos os bloques publicitarios.
  • Adaptación da imaxe da cadea aos materiais de campaña de UNICEF.
  • Emisión de contidos en todos os espazos informativos da cadea.
  • Entrevistas co presidente de UNICEF Comité Castela e León, Fernando Rey, e co director Executivo de UNICEF Comité Español, Javier Martos, en distintos espazos da programación da cadea.
  • Chamamentos ao envío de SMS por parte dos presentadores da cadea en espazos de entretemento.
  • Difusión da campaña na web da cadea e as súas redes sociais.

Así mesmo, dende o 12 de novembro e ata mediados de decembro, a RTVCYL continuará emitindo o anuncio de campaña de UNICEF.

 

QUe PoDES fACER Ti PARA FREAR A MORTALIDADe INFANTIL?

Para contribuír ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil podes:

  • Facer unha doazón online
  • Enviar un SMS coa palabra UNICEF ao28028 *: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.
  • Facer un donativo por teléfono no 902 31 41 31
  • Sumarte á nosa comunidade de optimistas e convencer aos teus os teus amigos e coñecidos de que estamos máis preto que nunca de rematar coa mortalidade infantil. Podes descargarche o nosokit de superviviencia e axudarnos a difundir a mensaxe nas túas redes sociais.
  •  

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es