Agora NON podemos parar: ben nutridos, os nenos sobreviven a un fatal destino

Podemos rematar coa mortalidade infantil con medidas tan simples como tratar con alimento terapéutico os nenos con desnutrición.

Explícanolo Émilianne Ndumuraro, unha das enfermeiras do centro de saúde de Murayi, en Burundi: "Se a axuda de UNICEF desaparece, as consecuencias serán graves, sería dar un paso cara a atrás".

A desnutrición pódese previr e tratarse. Non obstante, na actualidade 20 millóns de nenos menores de 5 anos sofren desnutrición aguda grave. Se reciben tratamento de inmediato poderían salvar a súa vida.

En 2013, só en emerxencias, dende UNICEF proporcionamos tratamento contra a desnutrición aguda grave a 2,4 millóns de nenos.

Coa túa axuda podemos seguir enviando alimento terapéutico e tratamento contra a desnutrición en moitos países do mundo. Axúdanos a seguir salvando vidas.