Aberto o prazo de matriculación do Máster online en Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito Local

Xa está aberto o prazo de matriculación para o Máster online en Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito Local e para os diplomas de especialización organizados por UNICEF Comité Español e a Universidade Pablo de Olavide, dentro da iniciativa Cidades Amigas da Infancia (CAI).

Nesta primeira edición, que foi posible grazas ao financiamento daAxencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AACID), ofértase un Máster de 60 créditos ECTS e 10 meses de duración (xuño 2015 - abril 2016), edous diplomas de especialización de 30 créditoscada un.

No caso do Máster hai 12 prazasdispoñibles e 20 prazas en cada un dos dous diplomas.

Os contidos fundamentais doMáster en Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito Local e de ambos os dous Diplomas de especialización:

  • Abordarán o coñecemento da lexislación nacional e autonómica referente aos dereitos da infancia, así como os fundamentos do sistema de protección á infancia e a súa concreción a nivel nacional e autonómico.
  • Realizarán unha reflexión sobre as institucións e mecanismos encargados do seguimento e avaliación dos dereitos da infancia.
  • Analizarán as estratexias de promoción e defensados dereitos da infancia.
  • Afondarán no coñecemento dos fundamentos básicos e as ferramentas da educación para o desenvolvemento e os dereitos da infancia.

O programa está dirixido a persoas tituladas, graduadas ou con titulación equivalente, preferentemente procedentes de campos relacionados co traballo en infancia, aadministración ou o terceiro sector.

O importe da matrícula do Másteré de 600 euros, e de 300 euros no caso de ambos os dous diplomas. Hai dispoñiblesbolsas para aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos, que poden alcanzar ata o 50% do importe total no caso do Máster, e do 48% do total para os diplomas.

Máis información: na web daUniversidade Pablo de Olavide ou enviando un correo electrónico á dirección[email protected]