Aberta a matriculación para o Diploma de Especialización: Prácticas e implementación de políticas e dereitos de infancia de UNICEF e UPO

Xa está aberto o prazo dematriculaciónpara o Diploma de Especialización en Prácticas e Implementación dos Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito Local válido para obter o Máster en Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito Local.
 
Este programa de formación online está organizado por UNICEF España e a Universidade Pablo de Olavide (UPO), dentro da iniciativaCidades Amigas da Infancia (CAI).
 
Este segundo diploma de especialización, que dará comezo o 16 de novembrode 2015 e concluirá o 3 de abril de 2016, consta de 30 créditos e ofertáronse 20 prazas. Foi posible grazas ao financiamento daAxencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AACID).
 
Nesta segunda parte práctica, os obxectivosfundamentais do Diplomason:
  • Familiarizarse coa lexislación nacional e autonómica referente aos dereitos da infancia.
  • Coñecer os fundamentos do sistema de protección á infancia e a súa concreción a nivel nacional e autonómico.
  • Reflexionar sobre as institucións e mecanismos encargados doseguimento e avaliación dos dereitos da infancia.
  • Analizar as estratexias de promoción e defensa dos dereitos da infancia.
  • Coñecer os fundamentos básicos e as ferramentas daeducación para o desenvolvemento e os dereitos da infancia.
  • Analizar o impacto que as políticas públicasteñen na infancia, especialmente no ámbito local.
  • Desenvolver estratexias para o traballo coa infancia nos distintos ámbitos profesionais.
  • Comprender a integralidade daspolíticas de infancia co resto de ámbitos das políticas locais.
O programa está dirixido a persoas tituladas, graduadas ou con titulación equivalente, preferentemente procedentes de campos relacionados cotraballo en infancia, aadministración ou o terceiro sector. Completando este diploma e o segundo que se ofertará en 2016, pódese obter o título do Máster.
 
O importe da matrícula é de 300 euros. Hai dispoñiblesbolsas da UPOe bolsas de UNICEF para aqueles solicitantes que cumpran osrequisitosestablecidos, que poden alcanzar ata o 48% do total do custo do diplomas.
 
Máis información: na web da Universidade Pablo de Olavide, enviando un correo electrónico á dirección [email protected] ou chamando ao 954 21 67 49.