90 millóns de vidas infantís salvadas en 22 anos

Se non se aceleran os progresos, 35 millóns de nenos menores de 5 anos poderían morrer entre 2015 e 2028

O esforzo conxunto de gobernos, persoas, a sociedade civil e o sector privado conseguiu evitar a morte de 90 millóns de nenos menores de cinco anos nos últimos 22 anos. Non obstante, un novo informe de UNICEF indica que se as tendencias actuais continúan, o mundo non alcanzará o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio número 4: reducir a taxa da mortalidade de menores de 5 anos en dous terzos para 2015. Peor aínda, se as tendencias actuais continúan, o obxectivo non se alcanzará antes de 2028.

 

O custo que supón non actuar é elevado alarmantemente: se a comunidade mundial non asume unha acción inmediata para acelerar os progresos, arredor doutros 35 millóns de nenos poderían morrer entre 2015 e 2028, na súa maioría porcausas que se poden evitar.

Pero o informe demostra que é posible lograr grandes melloras en supervivencia infantil. A nivel mundial, o número anual de mortes de menores de 5 anos reduciuse de ao redor de 12,6 millóns en 1990 a aproximadamente 6,6 millóns en 2012. Durante os últimos 22 anos, o mundo salvou uns 90 millóns de vidas que doutra forma se poderían ter perdido.

"Si, deberiamos celebrar os progresos", di Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. " Pero como podemos celebralo cando aínda queda tanto por facer para alcanzar o obxectivo? E podemos acelerar os progresos, sabemos como facelo, pero necesitamos actuar cun sentimento de urxencia renovado", engade.

Fai tan soa un ano, os gobernos de Etiopía, India e Estados Unidos, en colaboración conUNICEF, presentaron O compromiso coa supervivencia infantil: Unha promesa renovada, un esforzo mundial para impedir que os nenos sigan morrendo debido a causas que se poden previr doadamente.

Ata a data, 176 gobernos asinaron o compromiso para acelerar os progresos pola supervivencia infantil. Centos de grupos da sociedade civil e entidades relixiosas, así como individuos particulares, comprometeron tamén o seu apoio.

O informe que hoxe se presenta examina as tendencias da mortalidade infantil dende 1990, analiza as causas principais e destaca os esforzos nacionais e mundiais para salvar vidas infantís.
 

pNeumonía, diarrea e malaria, principais causas de mortalidade infantil

Os progresos alcanzados débense aos esforzos colectivos de gobernos, a sociedade civil e o sector privado, así como ao aumento de intervencións alcanzables e baseadas en probas empíricas. Entre esas intervencións están as mosquiteiras tratadas con insecticidas, os medicamentos, as vacinas, a lactación materna apropiada, a administración de suplementos de nutrición e alimentación terapéutica, o tratamento de rehidratación para a diarrea, e un mellor acceso á auga potable e o saneamento.

A pneumonía, a diarrea e a malaria seguen sendo as causas principais de mortalidade infantil no mundo, xa que acaban coa vida de ao redor de 6.000 nenos menores de 5 anos todos os días. Adesnutrición contribúe a case a metade de todas estas mortes.

O primeiro mes de vida é o de maior risco para un neno. En 2012, preto de 3 millóns de recén nacidos morreron durante o primeiro mes de vida,a maioría debido a causas que se poden evitar doadamente.

é posible avanzar máis rápido na redución da mortalidade infantil

O informe demostra grandes reducións nas mortes infantís prevenibles en todas as rexións do mundo, incluídos os países de baixos ingresos.
De feito, algúns dos países máis pobres do mundo lograron os avances máis sólidos na supervivencia infantil dende 1990.
 
Países cunhas altas taxas de mortalidade infantil, como Bangla Desh, Etiopía, Liberia, Malawi, Nepal e a República Unida de Tanzania reduciron xa as súas taxas de mortalidade de menores de 5 anos en dúas terceiras partes ou máis dende 1990, alcanzando o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio número 4.

A escala mundial,o ritmo do descenso acelerouse, xa que ataxa anual de redución se triplicou dende 1990. En África subsahariana tamén se acelerou o descenso, xa que a taxa anual de redución aumentou máis de cinco veces dende comezos dos anos noventa. Nos últimos sete anos, África oriental e meridional foron algunhas das rexións con melloras máis destacadas no mundo, e reduciron a mortalidade de menores de 5 anos a unha taxa anual de 5,3% dende 2005 ata 2012.

Pola contra, enÁfrica occidental e central rexistrouse o nivel máis baixo de progreso na supervivencia infantil, en comparación con outras rexións do planeta. A rexión presenta tamén a maior taxa de mortalidade, xa que case un de cada oito nenos morre antes de cumprir cinco anos. En África occidental e central practicamente non se produciu ningunha redución no número anual de mortes infantís dende 1990.
 
Reverter estas tendencias desvastadoras require accións inmediatas en numerosas frontes, como se describe nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio: reducir a pobreza, reducir a mortalidade das nais, impulsar a educación e a igualdadede xénero, e promover a sostibilidade do medio.

"Os progresos son posibles e débense facer", dixo Anthony Lake. "Cando se aproveitan as accións concertadas, as estratexias sólidas, os recursos axeitados e unha sólida vontade política en apoio á supervivencia dos nenos e as nais, lograr grandes reducións na mortalidade infantil non soamente é posible, senón que é un imperativo moral".

Agora non podemos parar a Axuda Oficial ao Desenvolvemento

Facéndose eco deste chamamento, UNICEF Comité Español ten en marcha a campañaAgora non podemos parar, que busca que a Axuda Oficial ao Desenvolvemento siga contribuíndo a este esforzo global para rematar coa mortalidade infantil. Firma Agora non podemos parar.
 

Exemplos de progresos en supervivencia infantil en Bangla desh, Brasil e Etiopía

  • En Bangla Desh, a taxa de mortalidade de menores de 5 anos reduciuse nun 72% dende 1990 ata 2012, en gran parte debido á ampliación da vacinación, a terapia de rehidratación oral para tratar a diarrea e a subministración de suplementos de vitamina A. A ampliación dunha rede de traballadores comunitarios da saúde mellorou a calidade da atención da saúde e conduciu a un aumento no número dos establecementos de saúde. Oempoderamiento da muller, a educación das nais, a mellora da saúde materna e as estratexias para reducir a pobreza contribuíron tamén a diminuír a taxa de mortalidade infantil. En Brasil, a mortalidade de menores de 5 anos descendeu nun 77% entre 1990 e 2012, debido a unha combinación de medidas. Entre elas destacan os esforzos para poñer atención da saúde a nivel comunitario, mellorar as condicións de saneamento, dotar as nais con coñecementos, promover a lactación materna e ampliar a vacinación.

  • Etiopía, un país que participou no chamamento á acción, rexistrou enormes avances na redución da taxa de mortalidade de menores de 5 anos, cun descenso dun 67% dende 1990. O programa de extensión da saúde aplicado en Etiopía é un exemplo da importancia que ten a prestación de atención de calidade aos nenos e as nais nas zonas remotas por parte de traballadores de saúde da comunidade.