275.000 socios apoian xa o traballo de UNICEF polos nenos

Hai unhas semanas en UNICEF España alcanzamos a cifra de 275.000 socios comprometidos coa nosa misión e que fan posible o noso traballo a favor dos dereitos da infancia.

O Fondo de Nacións Unidas pola Infancia (UNICEF) finánciase con contribucións voluntarias de particulares, empresas, institucións públicas e privadas. As achegas dos Comités Nacionais, como é UNICEF España, son clave para poder levar a cabo programas de desenvolvemento en máis de 150 países. Os socios son o valor fundamental de UNICEF España. Contar co compromiso de miles de persoas comprometidas cos nenos, que achegan unha cantidade regular ao ano, permite á organización conseguir cambios reais na vida dos nenos.  

Responder ás necesidades en todo lugar e en calquera momento

As achegas dos socios constitúen o corazón dos nosos recursos regulares: fondos que poden ser utilizados alí onde son máis necesarios en cada momento, facendo posible que UNICEF poida responder ás necesidades de todos os nenos, en todo lugar e en calquera momento, tanto en situacións de paz coma en crise ou emerxencias, e sempre con especial énfase nos máis vulnerables. A dispoñibilidade destes recursos tradúcese en importantes vantaxes das que se benefician directamente os nenos de todo o mundo:  

  • Son destinados alí onde as necesidades son maiores.Moitos dos máis de 150 países nos que UNICEF traballa non están no punto de mira informativo, polo que os problemas da infancia son invisibles para a opinión pública. Grazas a estes recursos, UNICEF axuda a mellorar a situación destes nenos cuxas historias e necesidades non son coñecidas.
  • Permiten responder inmediatamente cando se produce unha emerxencia. UNICEF é capaz de destinar fondos nestas situacións en cuestión de horas -o que é crucial para axudar aos nenos e as súas familias, sen necesidade de esperar á resposta dos doadores. En 2010, UNICEF respondeu a 290 emerxencias en 98 países.
  • Son destinados directamente ao traballo para os nenos.En 2010, o 90% destes fondos foron destinados ao terreo. Só o 10% se destinou á xestión e administración.

Todo isto explica o enorme valor das achegas regulares dos socios de UNICEF: focalizar os recursos onde as necesidades son maiores, prover fondos inmediatamente cando acontece unha emerxencia, dedicar practicamente todos os recursos á infancia e incrementar a eficiencia da organización. As cotas regulares dos socios son o xeito máis efectivo de colaborar con UNICEF. Por iso,agradecemos especialmente o compromiso dos 275.000 socios que actualmente forman parte de UNICEFEspaña.