2012: un ano de cambios na vida dos nenos

O traballo de UNICEF conseguiu cambios reais na supervivencia e o desenvolvemento, a educación e a protección de millóns de nenos durante 2012. Este é un resumo do conseguido este ano, grazas á achega dos gobernos e os aliados de UNICEF. Como Comité Nacional, UNICEF España contribuíu a estes grandes logros, grazas ás achegas e ao apoio de miles de persoas e institucións comprometidas coa causa da infancia.